Prevención de riscos laborais no montaxe e desmontaxe de escenarios
Data de inicio: 11 de Maio , 2018
Data de fin: 11 de Maio , 2018
Data de inicio da inscripción: 11 de Abril , 2018
Data de fin da inscripción: 11 de Maio , 2018
Duración (en horas):
Prazas:
Ámbito:
Lugar de celebración: Centro Issga de Pontevedra
Acción formativa de divulgación enfocada ao coñecemento de aspectos puntuais ou novos relacionados coa prevención de riscos laborais, así como a presentación de nova documentación e resultados obtidos en proxectos de investigación aplicada ou estudos sectoriais.
Modificado o (Xoves, 19 Abril 2018 16:36)
COMUNICADO DA ASOCIACIÓN GALEGA DE EMPRESAS MUSICAIS (AGEM)
Comunicado en relación á adxudicación do contrato negociado sen publicidade, por parte da Axencia de Turismo de Galicia, en relación coa produción do festival O Son do Camiño.
Antonte foi publicado, na plataforma de contratos de Galicia, un contrato negociado sen publicidade, polo que se acorda pagar case 3 millóns de euros a unha UTE, en relación coa produción dunha programación musical baixo un paraugas denominado “O son do camiño”, que inclúe un Festival no Monte do Gozo, a finais de xuño deste ano e outra programación da que non figuran mais datos en outras seis cidades galegas.
AGEM, a asociación representativa do sector, enviou con data do 9 de febreiro do ano en curso unha carta á Consellería de Presidencia solicitando a paralización dun proceso que entendía non cumpría cos requisitos mínimos de concorrencia e igualdade de oportunidades para ás distintas empresas do sector, aínda máis reforzados pola nova Lei de Contratos Públicos que entrará en vigor o vindeiro 9 de marzo de 2018.
Dende Presidencia deuse traslado a unha reunión na Dirección Xeral de Turismo que produciuse no día de onte, o día posterior a que foi publicada a contratación na páxina de Contratos Públicos de Galicia. Nesa reunión nos trasladaron que, a pesares de non ter aberta posibilidade de presentación de ofertas para o programa do Xacobeo 2021, esa programación estaba pechada acorde á normativa vixente, e que estaban dispostos a escoitar mais ofertas, a pesares tamén de que xa non había dispoñibilidade orzamentaria para o ano en curso, pero que poderían ser estudadas para os vindeiros anos.
Ante as fundadas sospeitas de que o contrato foi preparado con accións que permitiran darlle unha aparencia de legalidade, sospeitas incrementadas polas graves irregularidades que contén o anuncio de licitación -ausencia de pregos, entre outras- e polo feito de que o evento é anunciado o mesmo día en que se fai a publicación do contrato na web da Xunta de Galicia, AGEM reunirase a primeiros da semana que vén para estudar as accións que correspondan en defensa dos intereses do sector
Empresas integrantes de AGEM, e outras do sector que se están a por en contacto con nós, entenden que a exclusividade outorgada de facto pola Xunta de Galicia para a programación neste ano do Xacobeo 2021 a unha UTE de dúas empresas está a xerar graves distorsións no mercado, atentando contra a competencia e poñendo en risco a supervivencia de moitas empresas do noso sector.
Modificado o (Venres, 23 Febreiro 2018 19:22)
LEY Espectáculos Públicos Actividades Recreativas GALICIA
Publicada la nueva Ley Espectáculos Públicos y Actividades Recreativas de Galicia.
Es la primera norma autonómica con rango legal que establece una regulación genérica, actualizada y de carácter global de esta materia y llena el vacío normativo autonómico existente en la actualidad.
El objeto es el de conseguir un marco normativo adecuado a la realidad de la sociedad actual conforme con los nuevos parámetros sociales y culturales, atendiendo a la actual generalización y diversificación de las actividades relacionadas con el ocio, que obliga a encontrar equilibrio entre las distintas sensibilidades, derechos y obligaciones de las personas que organizan los espectáculos y actividades recreativas, de las personas espectadoras o usuarias y de las personas ajenas a estas actividades, acreedoras del derecho al descanso y a una convivencia normalizada, y garantizando un equilibrio entre el principio de libertad y el principio de seguridad y convivencia.
Quedan sometidos a la presente ley todo tipo de espectáculos públicos y actividades recreativas que se celebren en establecimientos y espacios abiertos al público, con independencia del carácter público o privado de quienes los organicen, de la titularidad pública o privada del establecimiento o espacio abierto al público en que se desarrollen, de su finalidad lucrativa o no lucrativa y de su carácter esporádico o habitual.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180102/AnuncioC3B0-271217-0001_es.html
Modificado o (Martes, 13 Febreiro 2018 14:47)
Chega Culturgal 10º aniversario!
Chega Culturgal 10º aniversario!
Porque entramos nun espazo cheo de posibilidades.
Porque accedemos ao Pazo da Cultura sabendo o que queremos.
Porque quedamos con alguén a quen só vemos en Culturgal.
Porque vimos todos os anos e xa é ritual de "xeración culturgal".
Porque é moi fácil enganchar cunha silveir
Porque por poucos euros o grupo familiar pasa un día especial.
Porque nos gusta dar unha volta por Pontevedra.
Porque levamos un libro de Culturgal e falamos coa súa autora.
Porque quedamos atrapados nunha música.
Culturgal Feira Industrias Culturais
Música, Libros, Cine, Artes Escénicas, Infantil, Estreas, Arte Contemporánea
Do 1 ao 3 de dezembro
No Pazo da Cultura de Pontevedra
Venres e sábado: de 11 a 21h. Domingo até as 20h.
Modificado o (Domingo, 26 Novembro 2017 12:41)
Xornada Culturgal: Prepara a túas festas conforme a Nova Lei de espectáculos de GaliciaNa actualidade estase debater no Parlamento de Galicia un importante cambio normativo para o sector , A Lei de espectáculos e actividades Recreativas de Galicia, esta traerá cambios no procedemento de autorización/supervisión dos espectáculos Públicos dentro a Comunidade Autónma.(Entre eles as Festas) Esta jornada pretende aclarar cales son os pasos a realizar para solicitar a comunicación previa ou solicitude de licencia. Trámites e requisitos. Ver as principais novedades así como valorar as responsabilidades dos promotores do evento Lugar: Culturgal Feira das Industrias Culturais. Pazo de Congresos e Exposicións Pontevedra. Aulas Data: 1 de Decembro de 2017 Hora :16:30 www.culturgal.com
"Coordinación de Riscos en Espectáculos Públicos”.Xornada de Presentación “Coordinación de Riscos en Espectáculos Públicos”. Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM) en colaboración co ISSGA. Venres, 1 de decembro de 19:45 a 20:30 no Foro www.culturgal.com
Coordinación de Riscos -EventosSeguimos traballando en riscos, tamén os dos nosos traballadores/as... Preparando manuais de Coordinación en colaboración co ISSGA e xornadas...#eventoseguro #PRL
Modificado o (Martes, 07 Novembro 2017 11:55) Lei de Espectáculos- ParlamentoO pasado venres 20 explicamos, esta vez, ao Grupo Parlamentario do BNG , a nosa visión do Proyecto de Lei de espectáculos Públicos e Actividades Recreativas de Galicia. Grazas por escoitar as demandas do Sector! #eventoseguro #eventosgalicia
|