AGEM. MISIÓN E VISIÓN E VALORES
AGEM (Asociación Galega de Empresas Musicais) é unha organización empresarial independente, privada e sen ánimo de lucro. Está acollida ao dereito legal para asociación de empresas e o seu goberno e representación son exercidos con criterios democráticos por delegados libremente escollidos.
MISIÓN
Representar as empresas que conforman a cadea de valor da actividade musical e cultural en Galicia.
Traballar para a promoción e defensa dos intereses empresariais no sector musical en xeral e dos seus asociados en particular.
Prestixiar o labor social das empresas que integran a cadea de valor dos eventos musicais e culturais.Influír e promover consensos entre o conxunto de institucións e axentes sociais a favor do progreso económico no terreo cultural.
Reivindicar o valor social das empresas musicais e culturais.
Fomentar a música e a cultura e defender a súa difusión como garantía do benestar económico e social.
VISIÓN
Ser un referente a favor da prosperidade na sociedade galega, contribuíndo á mellora económica, social e cultural, empregando a música como catalizador de talento, xerador de actividade económica e de proxectos creativos.
VALORES
Unión. Crer no valor do asociacionismo empresarial e do progreso social compartido.
Responsabilidade social. Contribuír decididamente ao desenvolvemento lexislativo e normativo no sector. Implementando protocolos de seguridade e benestar para as persoas, as instalacións e os equipos humanos cos que traballamos.
Eficacia, profesionalismo e especialización. Como garantía de calidade.
Identidade. Valorizar e participar do feito cultural que nos define como comunidade, achegando Galicia á diversidade cultural do mundo.
EMPRESAS
AGEM está integrada por empresas que conforman a cadea de valor da actividade cultural e musical. Empresas que realizan actividades de deseño, xestión e produción de eventos de carácter cultural, musical, educativo, social e de entretemento, destinados a ser realizados en locais pechados ou a ceo aberto e, en xeral, todas as actividades técnicas e preparatorias para a execución destes eventos ou servizos, incluída a actividade comercial, de representación de artistas, festivais, distribución e xestión (management).
BOA MUSICA EDITORIAL S.L
ESMERARTE INDUSTRIAS CREATIVAS S.L
NALGURES PRODUCIÓNS S.L.
NORDESIA PRODUCIÓNS S.L
MIRAXE, S.COOP.GALEGA
ERNIE PRODUCCIONES S.L.
OUVIRMOS S.L.
SWEET NOCTURNA S.L
FRANCISCO GOMEZ SEIJO ( COPRA PRODUCCIONES)
MENKEEPER NORTE S.L.
GESTIÓN CULTURAL ART MUSIC AGENCY, S.L (ART MUSIC AGENCY)
PLAY PLAN CULTURAL S.L.U
ZOUMA PRODUCCIONES S.L.
SESNARMIGA, SL (Babel de Sons / Udra Producións).
MIRMIDON
DOTBEAT
UNGA UNGA MUSIC
IDEAROCK
CATEGORIA PRODUCCIONES
TOLEMIAS
CAVEA PRODUCCIONES
Estas empresas traballan en distintos mercados de artistas internacionais que conforman as programacións de numerosos festivais e espectáculos producidos en Galicia e noutros territorios. Igualmente, hai empresas que representan a diversos artistas, na súa maioría galegos, que traballan en mercados de todo o mundo. Tamén empresas de AGEM son promotoras de festivais maioritariamente producidos en Galicia, pero tamén noutros territorios. Empresas de produción técnica e persoal técnico especializado que traballan en numerosos espectáculos producidos dentro e fóra de Galicia. Distintas gravacións producidas ou editadas por empresas de AGEM teñen repercusión en mercados internacionais e son sincronizadas tanto a nivel fonográfico como editorial en producións audiovisuais; longametraxes, curtas, documentais e publicidade.
O impulso industrial propiciado por AGEM, vai máis alá do facturado polas empresas
Asociadas. O impacto económico dos espectáculos nos que participa AGEM, tanto de artistas en solitario coma de festivais, é de mais de 100 millóns de euros.
As empresas que conforman AGEM son a raíz do sector cultural e resultan fundamentais na industria global da cultura, na música e no seu tecido económico.
HISTORIA
Fundada no ano 2007, AGEM foi impulsora en 2010 do primeiro Convenio Colectivo de Eventos, Servizos e Producións Culturais de Galicia e participou activamente nos posteriores convenios e as súas revisións.
AGEM colabora de forma habitual co ISSGA, desa colaboración xurdiu documentación como as follas de prevención relativas a riscos nas montaxes e desmontaxes de escenarios. Así mesmo colaborou na elaboración da documentación para a prevención de riscos auditivos no sector.
A través da súa Presidencia forma parte da Comisión de Espectáculos e Actividades Recreativas de Galicia e colaborou no desenvolvemento da Lei 10/2017 de Espectáculos Públicos e Actividades Recreativas de Galicia.
Forma parte da Asociación Culturgal dende 2007 para impulsar e realizar a Feira das Industrias Culturais.
Actualizado (Jueves, 25 de Marzo de 2021 09:16)