Vigo transforma presentou o primeiro foro internacional de festivais musicais

Os pasados 29 e 30 de Xuño, dentro da programación de actividades do Festival Vigo Transforma, tivo lugar o primeiro Foro Internacional de Festivais Musicais, que se celebrou a sua primeira xornada en San Simón, a Illa do Pensamento, na ría de Vigo, e na estación Marítima do Porto de Vigo na segunda.

O foro de festivais musicais forma parte das actividades do Festial Vigo Transforma, que conta co apoio da Xunta de Galicia dentro da programción do "Ano da Música de Galicia 2011" e da Axencia Galega das Industrias Culturais, AGADIC.

Para máis info:

 

 

A Agadic convoca as axudas ás industrias culturais 2011

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura e Turismo publicou o 24/05/2011 a súa convocatoria de subvencións ás industrias culturais galegas para 2011, á que destina un importe global máximo de 1.370.000 euros que serán distribuídos entre seis modalidades de apoio ao sector: actividade escénica, programa Crédito-Cultura, promoción e difusión de traballos discográficos, distribución, programación das salas privadas de exhibición escénica e mellora técnica de estudios de gravación e salas de música ao vivo.

 

 

Berrogüetto, Premio da Música por "Alalá da noite"

 

O pasado 28 de Abril de 2011 a Academia das Artes e das Ciencias da Música fixo públicos os gañadores da 15º Edición dos Premios da Música, nos que Berrogüetto obtivo o Premio á Mellor Canción en Galego, pola súa canción "Alalá da noite", incluida no seu último disco Kosmogonías.A melodía está composta por Quico Comesaña e Xabier Díaz mentres que a letra foi enviada ao grupo polo propio Manuel Rivas.

Os premios entregaranse en Madrid o vindeiro 18 de maio nunha gala e na que participarán outros premiados como Joan Manuel Serrat, Rosendo, Kiko Veneno ou Macaco.

 

 

Novo Disco de IGLOO

 

Ernie Records presenta o novo disco do grupo IGLOO. O disco xa está a venda.

Máis información en:

Páxina web: www.ernieproducciones.com

 

 

O presidente da Xunta recibe os representantes da Asociación Galega de Empresas Musicais con motivo da celebración do Ano da Música

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, recibiu esta mañá a directiva da Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM), que aglutina ás principais firmas de contratación, produción e management de artistas.

O conselleiro de Cultura e Turismo, e o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), participaron así mesmo nesta reunión, na que a AGEM agradeceu a Feijóo a declaración de 2011 como o Ano da Música de Galicia, a través da que a Xunta de Galicia revalida o seu compromiso cun sector que está a confirmar o seu liderado.

Os representantes de AGEM agardan, pois, que a celebración deste evento supoña un impulso definitivo cara á consolidación e crecemento do sector da música en Galicia.

A celebración do Ano da Música de Galicia supón, ademais, o recoñecemento institucional do “carácter estratéxico e prioritario deste sector como vehículo para a promoción e divulgación da cultura, historia e da lingua de Galicia”, segundo se recolle na declaración aprobada a primeiros de xaneiro polo Consello da Xunta.

 

 

A ASOCIACIÓN GALEGA DE EMPRESAS MUSICAIS ANALIZA CO DELEGADO DA XUNTA EN ARXENTINA POSIBILIDADES DE COOPERACIÓN NO PAÍS AUSTRAL.

Alejandro López Dobarro recibiu este xoves ao presidente da asociación, Joaquín Martínez Silva

O Delegado do Goberno galego ofreceu colaboración institucional para a promoción da música galega no país.

 

A Rede Galega de Música ao Vivo ofrece 284 concertos e funcións.

No ano 2007 crease a RGMV (Rede Galega de Música ao Vivo), que agora no 2011 incorpora unha serie de novidades no seu contido. Este programa abre as portas por primeira vez a outras disciplinas artísticas, como o teatro a maxia ou circo. A Rede Galega de Música ao Vivo conta cun orzamento de 130.651 euros para desenvolver a carteleira semestral en 31 salas de toda Galicia.

AGADIC elaborou un estudo detallado para avaliar a dotación técnica, programación e localización, aspectos que garanten que as salas adscritas ao circuito ofrezan unhas mellores condicións para o desenvolvemento das actuacións.

  • Para mais información:

    www.galiciamovese.xunta.es

  •  

     

    Novo disco do grupo LA FAMILIA xa a venda

     

    O grupo LA FAMILIA pon a venda o seu último traballo "Esto es normal".

     

     

    Máis información en:

    Páxina web: www.visitalafamilia.com

     

     



    Próximos eventos
    Non hai eventos próximos
    Ver calendario completo
    July 2017 August 2017 September 2017
    Lu Ma Xo Ve Do
    1 2 3 4 5 6
    7 8 9 10 11 12 13
    14 15 16 17 18 19 20
    21 22 23 24 25 26 27
    28 29 30 31
    Newsletter