Nadadora ven de sacar ao mercado o que é o seu terceiro traballo de longa duración

 

 

A formación grovense Nadadora ven de sacar ao mercado o que é o seu terceiro traballo de longa duración Luz, oscuridad, luz co que poden asentar a súa presenza no panorama do pop indie nacional.

 Para este disco a banda comeza unha nova etapa da man do selo pontevedrés Ernie Records.

Máis información en:

Email: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo     
Páxina web: www.ernieproducciones.com

 

 

Programa de creación y consolidación de empresas

O Ministerio de Cultura e a Fundación INCYDE (Instituto Cameral para a Creación e Desenvolvemento de Empresas) pon en marcha a partir de setembro oito cursos que integran o Programa de Creación e Consolidación de Empresas de Industrias Culturais e Creativas cuxo obxectivo é fomentar o espírito emprendedor entre empresarios do ámbito cultural e creativo.

O primeiro curso celebrarase o 6 de setembro en Toledo, e seguiranlle sete cursos máis que celebraranse nas seguintes cidades: Madrid a partir do 13 de setembro, Sevilla comezará o 20 de setembro e en Murcia o 27. Durante os meses de outubro e novembro desenvolveranse en Barcelona, Badaxoz, Oviedo e As Palmas.

Os 200 destinatarios do programa son empresarios de PEMES culturais e creativas, e emprendedores que conten cun proxecto definido neste ámbito, xa sexa de produción, distribución ou comercialización de bens culturais.

 

 

 

Libro Verde das Industrias Culturais e Creativas

O día 27 de abril de 2010 foi a data de publicación do esperado Libro Verde das Industrias Culturais e Creativas da Comisión Europea, finalmente denominado “Liberando todo o potencial das industrias creativas e culturais europeas” (GREEN PAPER "Unlocking the full potential of Europe's cultural and creative industries").

O papel da presidencia española da Unión Europea no impulso deste Libro Verde foi fundamental, as liñas estratéxicas deste Libro Verde foron presentadas no Foro Europeo de Industrias Culturais que tivo lugar os días 29 e 30 de marzo de 2010 en Barcelona, organizado polo Ministerio de Cultura en colaboración coa Comisión Europea e a Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Barcelona.

A Dirección Xeral de Educación e Cultura da Comisión Europea presentou as liñas xerais do Libro Verde das Industrias Culturais e Creativas. Foi a primeira presentación pública do traballo realizado pola Comisión a partir da reflexión previa compartida coa sociedade civil e cos Grupos de Expertos organizados pola Comisión. Outras Direccións Xerais da Unión Europea, como a de Competencia e a de Empresa e Industria, colaboraron coa Dirección Xeral de Educación e Cultura na realización do Libro Verde.

A Comisión pretende con este Libro Verde de Industrias Culturais e Creativas dar resposta a tres dos obxectivos que se fixou a Unión Europea na Estratexia Europa 2020: o da investigación e a innovación, a educación e o do emprego, que xunto co cambio climático e a enerxía e a loita contra a pobreza marcarán a pauta do proceso europeo e dos obxectivos nacionais no próximos dez anos.

O Libro Verde contribuirá a construír a axenda europea ao redor da competitividade e a creatividade, para potenciar aos profesionais e empresas da cultura como catalizadores de riqueza, e para reforzar a percepción social sobre o papel da creación, a produción e o patrimonio cultural como elementos motor da sociedade contemporánea.

Á súa vez a Comisión Europea aproveita a publicación do libro para abrir un período de consulta pública sobre o futuro das industrias culturais e creativas que se pechará o 30 de xullo de 2010.

 

 

 



Próximos eventos
Non hai eventos próximos
Ver calendario completo
September 2017 October 2017 November 2017
Lu Ma Xo Ve Do
1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30 31
Newsletter