A Agadic subvenciona a Actividade de AGEM

|A Agadic subvenciona a actividade de 11 asociacións profesionais do sector cultural galego. |

A Agadic subvencionará este ano cun total de 50.000 euros a actividade desenvolvida por 11 asociacións profesionais do ámbito cultural. Resólvese deste xeito a convocatoria de axudas dirixida a aquelas entidades sen ánimo de lucro representantivas das empresas e profesionais do sector das industrias culturais en Galicia. Así, a Asociación Galega de Guionistas percibirá 9.330,24 euros para apoiar a súa actividade anual; a Asociación Galega de Editores, 6.960,99 euros; a Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi), 6.119,63 euros; a Asociación Galega de Empresas de Servizos para Eventos (Agase), 5.535,24 euros; Escena Galega (Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas), 5.037,91 euros; Clubtura (Asociación Galega de Salas de Música ao Vivo), 4.817,28 euros; Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM), 3.636,11 euros; Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), 3.618,23 euros; Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC), 3.013,63 euros; Academia Galega do Audiovisual (AGA), 1.687,83 euros; e Asociación Traspediante Cultura, 242,91 euros.

 

 



Próximos eventos
Non hai eventos próximos
Ver calendario completo
Abril 2019 Maio 2019 Xuño 2019
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31
Newsletter