|AGEM, participa un ano máis en Culturgal. |

Presume de Culturgal. Ese é o lema da oitava edición de Culturgal Feira das Industrias Culturais, que se celebrará os días 4, 5 e 6 de decembro de 2015, en Pontevedra. “Unha Feira que é de todos, artistas, empresas e públicos, e que avanza na súa sostibilidade equilibrando o patrocinio público e o privado”, sinalou Manuel Bragado, presidente de Culturgal. No acto, que tivo lugar no Centro de Interpretación das Torres Arcebispais, Bragado e o director da Feira, Xosé Manuel Aldea, estiveron acompañados por Jacobo Sutil, director de Agadic, Ana Isabel Vázquez, deputada provincial, e Anabel Gulías, concelleira de Promoción Económica e Turismo na cidade do Lérez. Foi a concelleira a encargada de abrir un acto no que resaltou a importancia da Feira para a cidade. “Culturgal enche de contidos de calidade a cidade e ten un impacto directo na actividade social e económica de Pontevedra durante eses días”, apuntou. Pola súa parte, Jacobo Sutil lembrou que hai só unhas semana Culturgal e Agadic asinaron un convenio que recoñece o papel da Feira “que reúne e organiza aos axentes culturais de Galicia durante tres días”. Así mesmo considerou admirable o traballo “teimudo e rigoroso do Culturgal, que consegue que 15.000 persoas visiten un evento feito en Galicia”. Se Sutil destacou a importancia que terá, no seo do Culturgal 2015, o encontro entre empresas editoras e produtoras audiovisuais na procura de material fílmico, a deputada provincial Ana Isabel Vázquez destacou a presenza da arte contemporánea. A Deputación de Pontevedra volverá a colaborar na produción dunha exposición que permanecerá aberta máis alá da duración da Feira. A relación entre arte e arquitectura centrará a mostra que van comisariar Paula Cabaleiro e Antón Sobral. .

 

 



Próximos eventos
Non hai eventos próximos
Ver calendario completo
Xullo 2019 Agosto 2019 Setembro 2019
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31
Newsletter