O presidente da Xunta recibe os representantes da Asociación Galega de Empresas Musicais con motivo da celebración do Ano da Música

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, recibiu esta mañá a directiva da Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM), que aglutina ás principais firmas de contratación, produción e management de artistas.

O conselleiro de Cultura e Turismo, e o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), participaron así mesmo nesta reunión, na que a AGEM agradeceu a Feijóo a declaración de 2011 como o Ano da Música de Galicia, a través da que a Xunta de Galicia revalida o seu compromiso cun sector que está a confirmar o seu liderado.

Os representantes de AGEM agardan, pois, que a celebración deste evento supoña un impulso definitivo cara á consolidación e crecemento do sector da música en Galicia.

A celebración do Ano da Música de Galicia supón, ademais, o recoñecemento institucional do “carácter estratéxico e prioritario deste sector como vehículo para a promoción e divulgación da cultura, historia e da lingua de Galicia”, segundo se recolle na declaración aprobada a primeiros de xaneiro polo Consello da Xunta.

 

 



Próximos eventos
Non hai eventos próximos
Ver calendario completo
December 2018 January 2019 February 2019
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31
Newsletter