| Comunicado de AGEM o Alcalde de Vigo D.Abel Caballero.|

A Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM) quere manifestar a súa posición tras o anuncio feito polo alcalde de Vigo D. Abel Caballero o xoves 28 de xuño respecto da contratación "directa" do concerto de Joaquín Sabina e Joan Manuel Serrat para o vindeiro 16 de agosto no Instituto Feiral de Vigo:

As empresas galegas adicadas á promoción e produción musical, levamos tempo manifestando a nosa preocupación pola falta de apoio á actividade cultural desde a institución municipal. Como exemplos desa falta de apoio, o recorte das programacións, a paralización do departamento de Cultura e a contratación de eventos, como é o caso do concerto de Joaquín Sabina e Joan Manuel Serrat, sen contar co sector musical en Galicia. Ademáis da falta de apoio, as declaracións do alcalde Caballero sinalando que a contratación directa do concerto mencionado permite evitar "sobrecostes" e "intermediarios” supón un total descoñecemento da industria cultural e una unha falta de respeto para o sector das empresas musicais en Galicia.

A imaxe que se transmite á sociedade das empresas ven sendo a de axentes que, non só non garanten a calidade dos eventos, senón que os encarecen na súa función de meros intermediarios. Por outra banda cabe destacar que a afirmación de que non existen “intermediarios” é en si unha falacia, xa que si que os hai, os de sempre , agás o promotor local, que é o encargado de garantir as mellores condicións para o concello. Por outra parte, anunciar un concerto que ten un coste para as arcas municipais de 250.000 euros (aproximadamente 41.600.000 pesetas) gabándose de non pagar sobrecostes e intermediarios semella unha contradición en sí mesma.

Desde a AGEM consideramos que se está pagando este concerto moi por riba do seu coste real e que o diñeiro desembolsado polo concello non obedece a ningún criterio do actual mercado. Máximo, nos tempos que estamos a padecer. As empresas musicais de Galicia non só garanten a calidade e viabilidade dos proxectos nos que colaboran coa Administración pública, senón que crean emprego e tributan cos seus impostos nas cidades do noso país. Lembrámoslle ao alcalde Abel Caballero que desde o concello non poderá influír nas políticas económicas que afectan a multinacionais como Citroen, pero si pode contribuír, e moito, ao desenvolvemento do sector cultural como elemento de desenrolo social e económico nunha cidade como Vigo.

Despois de que o alcalde menosprezara coas súas declaracións o traballo desenvolvido polas empresas musicais galegas, desde a AGEM solicitamos que se fagan públicas as condicións desta contratación, tendo en conta o alto custe que terá este concerto para a cidadanía de Vigo nun ano no que non se coñecen cales van a ser as actividades culturais e de ocio do verán destinadas aos veciños e veciñas desta cidade. Os mesmos veciños e veciñas que terán que pagar 30 euros por entrada se queren acudir ao concerto de Serrat e Sabina, malia os 250.000 euros que saen das arcas municipais.

Así mesmo solicitamos unha rectificación do alcalde neste tema en concreto asi coma das súas declaracións e, en xeral, na política do Concello de Vigo respecto do sector cultural da cidade

Sen máis, atentamente:

A xerencia

Beatriz Fernández Rivera

Modificado o (Mércores, 04 Xullo 2012 13:37)

 



Próximos eventos
Non hai eventos próximos
Ver calendario completo
Agosto 2019 Setembro 2019 Outubro 2019
Lu Ma Xo Ve Do
1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30
Newsletter