Convocadas as subvencións ás actividades de distribución para industrias culturais

(código de procedemento CT402C) Data de publicación: 27 de maio de 2020 Prazo de presentación: Do 28 de maio ao 29 de xuño de 2020, ou ata o esgotamento da partida orzamentaria asignada. As solicitudes de subvención examinaranse e serán outorgadas -sempre que cumpran os requisitos exixidos- por orde cronolóxica, tendo en conta a data de entrada no rexistro da Agadic. Ao se tratar dunha convocatoria aberta que dispón do crédito vixente en actos sucesivos de adxudicación, a Agadic publicará no DOG o esgotamento da partida orzamentaria, así como a inadmisión de ulteriores solicitudes destinadas a participar dos subtipos de subvención indicados. Desde o momento en que se esgote o crédito orzamentario, non serán outorgadas novas subvencións a estas modalidades, sen prexuízo do cumprimento do disposto no artigo 31.4 da Lei de subvencións de Galicia. Presentación das solicitudes: Obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Convocatoria: DOG núm. 101, do mércores 27 de maio de 2020
 



Próximos eventos
Non hai eventos próximos
Ver calendario completo
Febreiro 2024 Marzo 2024 Abril 2024
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31
Newsletter