Novas

Plan formativo Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM)

A industria musical galega é un importante dinamizador cultural e un referente na creación de postos de traballo. Este sector viuse especialmente castigado pola crise do Covid, polo que é imprescindible dotalo dunha serie de accións que favorezan a súa reactivación tras esta situación excepcional e que se adapten á evolución da crise sanitaria. Neste senso, queremos promover una serie de accións formativas axeitadas á maior parte dos perfís profesionais co fin de promover a reciclaxe e a consecución de novos coñecementos, que permitan a reincorporación das persoas do sector, na mellor situación incluso no peor escenario.

Na primeira fase levaranse a cabo as seguintes accións:

Calendario formación "On-Line". :

 

  • 22 de setembro-19 de outubro :Intelixencia emocional e autocontrol en situacións de emerxencia. 30 horas
  • 22 de setembro-31 de Outubro :Community manager. 100 horas.
  • Novidade: 22 setembro -31 outubro : Xestión Loxística 150 horas.
  • 28 de setembro-31 de outubro: Inglés nivel: A1 / A2 / B1 / B2 / C1 / C2 60 horas
  • 01 de outubro-25 de outubro :Control de accesos: Biometría 20 horas
  • 01 de outubro-26 de outubro :AutoCAD 2012: debuxo en 2D. 40 horas
  • 02 de outubro -27 de outubro :Cloud Computing. 30 horas.
  • 05 de outubro-23 de outubro: Reglamento Europeo proteción de datos 10 horas

 

Formación para o sector musical. A formación é gratuíta. Non consome créditos de formación da empresa.

Formación válida aos efectos de cubrir as horas de formación obrigatoria de traballadores por conta allea do convenio colectivo.

A formación é válida para persoal autónomo e traballadores por conta allea incluíndose aos que se atopan en ERTE de empresas culturais. Os cursos para a súa realización requiren dun mínimo de prazas. Asimesmo o número de prazas é limitado

A inscripción realizarase por orden de presentación ate agotar as prazas Pode descargar a folla de inscrición na sección de documentación/Convocatorias. A mesma cuberta enviarase ao correo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

 

Coa colaboración.

Modificado o (Xoves, 17 Setembro 2020 11:39)

 

Formación e capacitación profesional no ámbito cultural

AGEM asina coa AGADIC Convenio de Colaboración para a formación e capacitación profesional no ámbito cultural A Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM) ten previsto un intenso calendario formativo, que levará a cabo durante os vindeiros meses tanto en liña como de xeito presencial. Na primeira modalidade, insírense 10 cursos de temáticas moi variadas (contro de accesos: biometría, biocidas: tipos e métodos de loita, Indesign: catálogos multimedia, AutoCAD, inglés en varios niveis, intelixencia emocional e autocontrol en situacións de emerxencia, community manager, reglamento europeo de protección de datos, e xestión loxística), mentres que a presencial abordará diferentes facetas da organización de concertos, festivais e outros encontros musicais a través de nove propostas: planificación, organización e control de eventos, manipulación de cargas con equipos de elevación, recurso preventivo, traballos en altura, carretilleiro, plataforma elevadora, sketchup, primeiros auxilios e contraincendios. Coa colaboración de :
 

III Convenio colectivo de eventos, servicios y producciones culturales de Galicia

Publicada a RESOLUCIÓN de 16 de junio de 2020, de la Secretaría General de Empleo, por la que se dispone la inscripción en el registro y la publicación del III Convenio colectivo de eventos, servicios y producciones culturales de Galicia. Pode consultalo na sección de documentación
 

Modificacións nas medidas de prevención

Pubicada no DOGA a RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se dá publicidade do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 25 de xuño de 2020, polo que se introducen determinadas modificacións nas medidas de prevención previstas no Acordo do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade. Pode consultar o documento na sección de descargas.
 

Novo asociado de AGEM

http://artmusicagency.es/

 
Máis artigos...



Próximos eventos
Non hai eventos próximos
Ver calendario completo
Setembro 2020 Outubro 2020 Novembro 2020
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31
Newsletter