Novas
Plan formativo Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM)A industria musical galega é un importante dinamizador cultural e un referente na creación de postos de traballo. Este sector viuse especialmente castigado pola crise do Covid, polo que é imprescindible dotalo dunha serie de accións que favorezan a súa reactivación tras esta situación excepcional e que se adapten á evolución da crise sanitaria. Neste senso, queremos promover una serie de accións formativas axeitadas á maior parte dos perfís profesionais co fin de promover a reciclaxe e a consecución de novos coñecementos, que permitan a reincorporación das persoas do sector, na mellor situación incluso no peor escenario. Na primeira fase levaranse a cabo as seguintes accións: Calendario formación "On-Line". :
Formación para o sector musical. A formación é gratuíta. Non consome créditos de formación da empresa. Formación válida aos efectos de cubrir as horas de formación obrigatoria de traballadores por conta allea do convenio colectivo. A formación é válida para persoal autónomo e traballadores por conta allea incluíndose aos que se atopan en ERTE de empresas culturais. Os cursos para a súa realización requiren dun mínimo de prazas. Asimesmo o número de prazas é limitado A inscripción realizarase por orden de presentación ate agotar as prazas Pode descargar a folla de inscrición na sección de documentación/Convocatorias. A mesma cuberta enviarase ao correo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
Coa colaboración. Modificado o (Mércores, 30 Setembro 2020 17:11) |
|
|