Novas

PREVENCIÓN E SAÚDE LABORAL NOS SERVIZOS E PRODUCIÓNS DE EVENTOS E ESPECTÁCULOS ANTE O CORONAVIRUS

Publicada a actualización da guía de Prevención e saúde laboral nos servizos e producións de eventos e espectáculos ante o coronavirus. pode descargar a actualización na sección de documentación
 

Convocadas as subvencións ás actividades de distribución para industrias culturais

(código de procedemento CT402C) Data de publicación: 27 de maio de 2020 Prazo de presentación: Do 28 de maio ao 29 de xuño de 2020, ou ata o esgotamento da partida orzamentaria asignada. As solicitudes de subvención examinaranse e serán outorgadas -sempre que cumpran os requisitos exixidos- por orde cronolóxica, tendo en conta a data de entrada no rexistro da Agadic. Ao se tratar dunha convocatoria aberta que dispón do crédito vixente en actos sucesivos de adxudicación, a Agadic publicará no DOG o esgotamento da partida orzamentaria, así como a inadmisión de ulteriores solicitudes destinadas a participar dos subtipos de subvención indicados. Desde o momento en que se esgote o crédito orzamentario, non serán outorgadas novas subvencións a estas modalidades, sen prexuízo do cumprimento do disposto no artigo 31.4 da Lei de subvencións de Galicia. Presentación das solicitudes: Obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Convocatoria: DOG núm. 101, do mércores 27 de maio de 2020
 

Orde SND/458/2020 de 30 de maio

A orde SND/458/2020 de 30 de maio relativa a Fase 3 aclara as normas a seguir no uso de aseos polos usuarios e engadese ao artigo 34 da SND/399/2020 o agardado texto de i) Se facilitará a agrupación de convivintes, mantendo a debida distancia de seguridade co resto de espectadores. Dende AGEM agardábamos que puidera facerse tamén unha transposición do Artigo 2 Punto 6 da orde TMA/424/2020 que permitira unha ocupación superior, non entendemos que riscos poderían impedilo.
 

Prevención e saúde laboral. COVID-19

O ISSGA en colaboración  con AGEM e AGATEC elaboraron un documento de recomendacións preventivas básicas para ter en conta nas montaxes audiovisuais en recintos estables e temporales relacionadas co coranovirus

Este documento debe enmarcarse como documento en continua actualización a espera das guías ou protocolos que ao efecto podan diseñar no Plan Integral para a reactivación do sector turístico pola Consellería de Cultura e Turismo, a Secretaría General de Estado de Turismo, o Instituto de Calidad Turística Española ( ICTE) e as autoridades sanitarias

Pode descargar o documento na sección de Documentos/Prevención de riscos laborais

Modificado o (Xoves, 21 Maio 2020 23:33)

 

Novo asociado de AGEM

http://mirmidon.com/

 
Máis artigos...



Próximos eventos
Non hai eventos próximos
Ver calendario completo
Marzo 2019 Abril 2019 Maio 2019
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30
Newsletter