Novas

|AGEM traslada a súa sede social. |

Por decisión da Xunta Directiva AGEM, traslada a súa sede social dentro da Cidade de Santiago de Compostela, a súa nova dirección : Edificio Area Central Local 26 F,15707 Santiago de Compostela. Teléfono de contacto: 981.93.78.87

 

 

|AGEM, participa un ano máis en Culturgal. |

Presume de Culturgal. Ese é o lema da oitava edición de Culturgal Feira das Industrias Culturais, que se celebrará os días 4, 5 e 6 de decembro de 2015, en Pontevedra. “Unha Feira que é de todos, artistas, empresas e públicos, e que avanza na súa sostibilidade equilibrando o patrocinio público e o privado”, sinalou Manuel Bragado, presidente de Culturgal. No acto, que tivo lugar no Centro de Interpretación das Torres Arcebispais, Bragado e o director da Feira, Xosé Manuel Aldea, estiveron acompañados por Jacobo Sutil, director de Agadic, Ana Isabel Vázquez, deputada provincial, e Anabel Gulías, concelleira de Promoción Económica e Turismo na cidade do Lérez. Foi a concelleira a encargada de abrir un acto no que resaltou a importancia da Feira para a cidade. “Culturgal enche de contidos de calidade a cidade e ten un impacto directo na actividade social e económica de Pontevedra durante eses días”, apuntou. Pola súa parte, Jacobo Sutil lembrou que hai só unhas semana Culturgal e Agadic asinaron un convenio que recoñece o papel da Feira “que reúne e organiza aos axentes culturais de Galicia durante tres días”. Así mesmo considerou admirable o traballo “teimudo e rigoroso do Culturgal, que consegue que 15.000 persoas visiten un evento feito en Galicia”. Se Sutil destacou a importancia que terá, no seo do Culturgal 2015, o encontro entre empresas editoras e produtoras audiovisuais na procura de material fílmico, a deputada provincial Ana Isabel Vázquez destacou a presenza da arte contemporánea. A Deputación de Pontevedra volverá a colaborar na produción dunha exposición que permanecerá aberta máis alá da duración da Feira. A relación entre arte e arquitectura centrará a mostra que van comisariar Paula Cabaleiro e Antón Sobral. .

 

 

A Agadic subvenciona a Actividade de AGEM

|A Agadic subvenciona a actividade de 11 asociacións profesionais do sector cultural galego. |

A Agadic subvencionará este ano cun total de 50.000 euros a actividade desenvolvida por 11 asociacións profesionais do ámbito cultural. Resólvese deste xeito a convocatoria de axudas dirixida a aquelas entidades sen ánimo de lucro representantivas das empresas e profesionais do sector das industrias culturais en Galicia. Así, a Asociación Galega de Guionistas percibirá 9.330,24 euros para apoiar a súa actividade anual; a Asociación Galega de Editores, 6.960,99 euros; a Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi), 6.119,63 euros; a Asociación Galega de Empresas de Servizos para Eventos (Agase), 5.535,24 euros; Escena Galega (Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas), 5.037,91 euros; Clubtura (Asociación Galega de Salas de Música ao Vivo), 4.817,28 euros; Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM), 3.636,11 euros; Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), 3.618,23 euros; Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC), 3.013,63 euros; Academia Galega do Audiovisual (AGA), 1.687,83 euros; e Asociación Traspediante Cultura, 242,91 euros.

 

 

Convenio Colectivo

|RESOLUCIÓN de 24 de junio de 2010, de la Dirección General de Relaciones Laborales, por la que se dispone la inscripción en el registro y la publicación, en el Diario Oficial de Galicia, del convenio colectivo autonómico del sector de eventos, servicios y producciones culturales de Galicia. |

Visto el texto del convenio colectivo autonómico del sector de eventos, servicios y producciones culturales de Galicia, que se subscribió, con fecha de 31 de marzo de 2010, entre la representación empresarial y los representantes de los trabajadores, y de conformidad con lo dispuesto en el artículo 90.2º y 3º del Real decreto legislativo 1/1995, de 24 de marzo, por el que se aprueba el texto refundido de la Ley del Estatuto de los trabajadores, y en el Real decreto 1040/1981, de 22 de mayo, sobre registro y depósito de convenios colectivos de trabajo. La Dirección General de Relaciones Laborales, ”:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2010/20100728/Anuncio25CC6_es.html

 

 

| Nova Xunta Directiva da Asociación Galega de Empresas Musicais.|

Don José Manuel Blanco Álvarez, de Nalgures Producións presidirá a Organización.

A Asociación Galega de Empreas Musicais, asociación representativa das industrias musicais de Galicia (Promotoras, produtoras, managament e fonográficas) renovou a súa Xunta Directiva que queda integrada por

 

  • Presidente: Don José Manuel Blanco Álvarez, de Nalgures Producións

     

  • Vicepresidente: Don Xosé Manuel Aldea Moscoso, de Ouvirmos.

     

  • Tesoureiro:Doña Belén Bermejo de Sirgo Torcendo

     

  • Secretario: Don Joaquín Martínez Silva de Esmerarte.

     

  • A nova Xunta está a elaborar o plan de traballo e de actuación de cara ó exercicio 2015, así como os obxectivos da Asociación a medio prazo.

     

     

     
    Máis artigos...



    Próximos eventos
    Non hai eventos próximos
    Ver calendario completo
    December 2018 January 2019 February 2019
    Lu Ma Xo Ve Do
    1 2 3 4 5 6
    7 8 9 10 11 12 13
    14 15 16 17 18 19 20
    21 22 23 24 25 26 27
    28 29 30 31
    Newsletter