Novas

Subvencións ás actividades de distribución para industrias culturais

AGADIC convoca as subvencións ás actividades de distribución para industrias culturais: 


Data de publicación: 30 de marzo de 2017

Prazo de presentación: Do 31 de marzo ao 31 de agosto de 2017, ou ata o esgotamento da partida orzamentaria asignada.

As solicitudes de subvención examinaranse e serán outorgadas sempre que cumpran os requisitos exixidos por orde cronolóxica, tendo en conta a data de entrada no rexistro da Agadic. Ao se tratar dunha convocatoria aberta que dispón do crédito vixente en actos sucesivos de adxudicación, a Agadic publicará no DOG o esgotamento da partida orzamentaria, así como a inadmisión de ulteriores solicitudes destinadas a participar dos subtipos de subvención indicados. Desde o momento en que se esgote o crédito orzamentario, non serán outorgadas novas subvencións a estas modalidades, sen prexuízo do cumprimento do disposto no artigo 31.4 da Lei de subvencións de Galicia.

Presentación das solicitudes: Para as persoas xurídicas e as súas representantes, obrigatoria por vía electrónica a través do portal https://sede.xunta.gal.

Para a presentación das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365.

Para aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentarse as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Convocatoria: DOG núm. 63. do xoves 20 de marzo de 2017

Modificado o (Venres, 31 Marzo 2017 17:07)

 

Subvencions a festivais de artes escénicas e de música: convocatoria

AGADIC convoca as subvencions a festivais de artes escénicas e de música

Data de publicación: 30 de marzo de 2017

Prazo de presentación: Do 31 de marzo ao 2 de maio de 2017

Presentación das solicitudes: Para as persoas xurídicas e as súas representantes, obrigatoria por vía electrónica a través do portal https://sede.xunta.gal.

Para a presentación das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365.

Para aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Convocatoria: DOG núm. 63, do xoves 20 de marzo de 2017

Modificado o (Venres, 31 Marzo 2017 17:06)

 

Convocatoria Asemblea Xeral

A Xunta Directiva da Asociación Galega de empresas musicais en reunión ordinaria celebrada o pasado 08 de Marzo de 2017 acordou convocar a Asemblea Xeral ORDINARIA para o próximo día 28 de Marzo de 2017 prevista para as 11:30 horas en primeira convocatoria e as 12:00 horas en segunda convocatoria:

A reunión terá lugar na sede da asociación AREA CENTRAL LOCAL 26F Santiago de Compostela.

Modificado o (Sábado, 11 Marzo 2017 22:24)

 

Novo asociado de Agem :PlayPlan Gestión & Consultoría Cultural

Persoa de contacto: Jordi Lauren
Enderezo: C/ Urzáiz, 17 Bajo. Vigo
Teléfonos: +34 605 022 449
Email: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
Páxina web: www.playplan.es

O equipo de PlayPlan está formado por: Jordi Lauren, Berta Domínguez, Xosé Ramón Rivas "Mon", Sonia Díaz, Miguel Castro "Michi" e David Fernández. PlayPlan é unha empresa especialista en xestión cultural, contratación de artistas e produción

 

Modificado o (Venres, 10 Marzo 2017 10:55)

 

Novo asociado de Agem :Maruxa Eventos

Maruxa

Persoa de contacto: Xabier Alonso
Enderezo: C/ Placer 15 Bajo Vigo.
Teléfonos: 986 16 58 07
Email: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
Páxina web: http://www.grupomaruxa.com

Servicios de consultoría para el sector de la cultura, administraciones públicas y empresas privadas. Diseño de planes de dinamización turística, Intermediación con la SGAE, Generación de ideas para eventos, dirección de ferias, etc. Realización de eventos deportivos y de aventura (Outdoor).

Modificado o (Xoves, 09 Marzo 2017 10:11)

 
Máis artigos...



Próximos eventos
Non hai eventos próximos
Ver calendario completo
Febreiro 2021 Marzo 2021 Abril 2021
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 31
Newsletter