Novas

| Consal, plataforma para crear proxectos dentro de Sinsalaudio |

Tes unha idea?, sempre quixeches facer un concerto, editar un disco ou realiza un vídeo? queres propor ou preguntar algunha actividade no Festival Sinsal? A plataforma Consal ofréceche a posibilidade de integrar ideas dentro do Festival Sinsal ou de buscar axuda e financiamento para realizalas pola túa conta. Non é outro espazo de micromecenado, ofrecemos un servizo máis personalizado. Todas as tuas propostas aceptadas deben manter unha relación, directa ou indirecta, con Sinsalaudio nos seus diferentes apartados: música, editorial, escola sinsal, etc.

Para mais información: www.sinsalaudio.org

 

O libro, a música, as novas tecnoloxías, o teatro e o audiovisual galego estarán presentes na Feira do Libro e do Disco de Durango

As industrias culturais galegas compartirán espazo coas vascas na Feira do Libro e do Disco Vasco que se celebrará do 4 ao 8 de decembro nesta localide Durango, AGEM tamén asistirá como invitada a Feira.

Culturgal é unha ferramenta vertebradora, que contribúe a xerar ideas, a buscar sinerxías e a transformar en oportunidades de futuro as dificultades do presente. Con esta filosofía, o Culturgal viaxa á Durango Azoka, Feira do Libro e do Disco, respondendo o convite de Gerediaga cunha mostra multisectorial da cultura galega actual. Para facelo, conta co apoio económico ofrecido pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC).

Para mais información:www.culturgal.com

 

Nova Feira das Industrias Culturais, Culturgal 2011.

 

 

Onte Xoves 3 de Marzo presentouse a Feira Culturgal 2011, que será celebrada de novo en Pontevedra no derradeiro trimestre do presente 2011.Tamen se presentou a memoria da Feira Culturgal 2010; na que relaciona a 67 empresas, un total de 105 actividades e 14000 visitantes.

A Feira Culturgal 2011, contará ao igual que no ano 2010 coa colaboración da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC).

 

 

Mision comercial a Minas Gerais

 

Agadic, por medio de Galiciantunes prepara unha misión comercial a Minas Gerais, que terá lugar do 8 ao 12 de Decembro datas de celebración da Feira Música Brasil. Os nosos parceiros mineiros garanten un trato especial e contactos cos sectores culturais industriais no marco da Feira Música Brasil. Agardamos a proposta sexa do voso interese.

 

Más información na zona socios.

 



Próximos eventos
Non hai eventos próximos
Ver calendario completo
Xullo 2020 Agosto 2020 Setembro 2020
Lu Ma Xo Ve Do
1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
31
Newsletter