Novas

Las últimas noticias del equipo de Joomla!

Convocatoria Asemblea Extraordinaria

A Xunta Directiva da  Asociación Galega de empresas musicais, asociación patronal representativa das promotoras, productoras,  managers e discográficas de Galicia acordou convocar a Asemblea Xeral EXTRAORDINARIA para o próximo día 19 de Setembro de 2017 .

Na mesma estudiarase  a idoneidade de ampliar o seu a´mbito de actuación a outras actividades relacionadas cos espectáculos como a seguridade, certificación de eventos e formación especializada entre outras materias.

 

Anteproxecto de Lei de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia

AGEM, asociación patronal representativa das promotoras, productoras managers e discográficas de Galicia presenta na Dirección Xeral de Emerxencias e Interior as súas alegacións ao borrador do anteproxecto de Lei de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia , unha Lei de vital importancia para o sector musical que representa, e fundamentalmente para a seguridade do público asistente os eventos en Galicia #eventoseguro

 

 

ANTEPROXECTO DE LEI DE ESPECTÁCULOS PÚBLICOS E ACTIVIDADES RECREATIVAS DE GALICIA

AGEM REÚNESE CO VICEPRESIDENTE EXECUTIVO DA FEGAMP MANUEL MIRÁS FRANQUEIRA CON MOTIVO DO ANTEPROXECTO DE LEI DE ESPECTÁCULOS PÚBLICOS E ACTIVIDADES RECREATIVAS DE GALICIA

Nesta reunión na que participaron por parte de  AGEM  o seu Presidente X. Blanco, o seu Secretario Xavier Alonso e a súa xerente Beatriz Fernández debateuse  sobre os aspectos mais relevantes do anteproxecto de lei, así como das maiores dificultades na súa implantación, tanto para os Concellos promotores, produtores e comisión de Festas.

AGEM,  volveu a deixar constancia da importancia da publicación de esta norma para o sector musical así coma do seu posterior desenvolvemento regulamentario

AGEM, mostrou a súa preocupación pola súa implantación efectiva unha vez aprobado e salientou a relevancia da formación de tódolos axentes implicados no proceso da organización dun evento público.

 

Anteproxecto de Lei de espectáculos e Actividades Recreativas de Galicia

AGEM está a elaborar as alegacións sobre o novo Anteproxecto de Lei de Espectáculos e Actividades Recreativas de Galicia , o mesmo foi presentado onte a asociación polo Director Xeral de Emergencias Luis Menor.

 

 

| Nova Xunta Directiva da Asociación Galega de Empresas Musicais.|

Don José Manuel Blanco Álvarez, de Nalgures Producións presidirá a Organización.

A Asociación Galega de Empreas Musicais, asociación representativa das industrias musicais de Galicia (Promotoras, produtoras, managament e fonográficas) renovou a súa Xunta Directiva que queda integrada por

 

  • Presidente: Don José Manuel Blanco Álvarez, de Nalgures Producións

     

  • Vicepresidente/ Tesoureiro: Don Xosé Manuel Aldea Moscoso, de Ouvirmos.

     

  • Secretario: Don Francisco Javier Alonso González, de Maruxa Eventos

     

  • A nova Xunta está a elaborar o plan de traballo e de actuación de cara ó exercicio 2017, así como os obxectivos da Asociación a medio prazo.

     

     

     
    Más artículos...



    Próximos eventos
    No hay eventos próximos.
    Ver calendario completo
    Junio 2022 Julio 2022 Agosto 2022
    Lu Ma Mi Ju Vi Do
    1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Newsletter