Novas

Las últimas noticias del equipo de Joomla!

Subvencións ás actividades de distribución para industrias culturais

AGADIC convoca as subvencións ás actividades de distribución para industrias culturais: 


Data de publicación: 30 de marzo de 2017

Prazo de presentación: Do 31 de marzo ao 31 de agosto de 2017, ou ata o esgotamento da partida orzamentaria asignada.

As solicitudes de subvención examinaranse e serán outorgadas sempre que cumpran os requisitos exixidos por orde cronolóxica, tendo en conta a data de entrada no rexistro da Agadic. Ao se tratar dunha convocatoria aberta que dispón do crédito vixente en actos sucesivos de adxudicación, a Agadic publicará no DOG o esgotamento da partida orzamentaria, así como a inadmisión de ulteriores solicitudes destinadas a participar dos subtipos de subvención indicados. Desde o momento en que se esgote o crédito orzamentario, non serán outorgadas novas subvencións a estas modalidades, sen prexuízo do cumprimento do disposto no artigo 31.4 da Lei de subvencións de Galicia.

Presentación das solicitudes: Para as persoas xurídicas e as súas representantes, obrigatoria por vía electrónica a través do portal https://sede.xunta.gal.

Para a presentación das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365.

Para aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentarse as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Convocatoria: DOG núm. 63. do xoves 20 de marzo de 2017

 

Subvencions a festivais de artes escénicas e de música: convocatoria

AGADIC convoca as subvencions a festivais de artes escénicas e de música

Data de publicación: 30 de marzo de 2017

Prazo de presentación: Do 31 de marzo ao 2 de maio de 2017

Presentación das solicitudes: Para as persoas xurídicas e as súas representantes, obrigatoria por vía electrónica a través do portal https://sede.xunta.gal.

Para a presentación das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365.

Para aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Convocatoria: DOG núm. 63, do xoves 20 de marzo de 2017

 

Convocatoria Asemblea Xeral

A Xunta Directiva da Asociación Galega de empresas musicais en reunión ordinaria celebrada o pasado 08 de Marzo de 2017 acordou convocar a Asemblea Xeral ORDINARIA para o próximo día 28 de Marzo de 2017 prevista para as 11:30 horas en primeira convocatoria e as 12:00 horas en segunda convocatoria:

A reunión terá lugar na sede da asociación AREA CENTRAL LOCAL 26F Santiago de Compostela.

 

Convenio Colectivo Eventos

|RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 2015, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do Convenio colectivo autonómico de eventos, servizos e producións culturais de Galicia.. |

Visto o texto do Convenio colectivo autonómico de eventos, servizos e producións culturais de Galicia, que se subscribiu con data 30 de decembro de 2014, dunha parte Agase, AGEM e Escena Galega, e doutra as centrais sindicais UGT, CIG e CC.OO., e de conformidade co disposto no artigo 90, números 2 e 3, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo,. La Dirección General de Relaciones Laborales, ”:

http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2015/20150414/AnuncioCA05-060415-0009_gl.pdf

 

 

|Womex, o meirande mercado de músicas do mundo, regresará a Galicia no 2016

 

La Ciudad vieja de Santiago de Compostela (Patrimonio de la Humanidad desde 1985) y la Cidade da Cultura de Galicia serán de nuevo los privilegiados espacios donde se desarrolle a vigésimo segunda edición de Womex, que tendrá lugar del 19 al 23 de octubre del próximo año.

Womex 16 estructurará su programación en dos partes. Por un lado, DayWOMEX, que abarca la feria profesional y otras actividades complementarias se celebrarán en el Museo Centro Gaiás y en el CINC de la Cidade da Cultura. A su amparo se ofrecerán conferencias, habrá sesiones de ‘networking’, ‘mentoring’ o proyecciones de cine, entre otras actividades, que tendrán lugar en la cumbre del Monte Gaiás.

Por otro, NightWOMEX, que incluirá más de 60 ‘showcases’ (conciertos en pequeño formato) que se celebrarán en distintos espacios de la Ciudad Vieja: en la Plaza de la Quintana, en el Auditorio de Galicia, en el Auditorio Abanca, en el Teatro Principal, en el Salón Teatro y en la Sala Capitol./;

 
Más artículos...



Próximos eventos
No hay eventos próximos.
Ver calendario completo
Marzo 2024 Abril 2024 Mayo 2024
Lu Ma Mi Ju Vi Do
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30
Newsletter