Novas

Las últimas noticias del equipo de Joomla!

Antía Muíño, Néboa, Berto e Grande Amore, ao vivo na noite grande da Culturgal 2022

A noite do sábado 26 de novembro, Culturgal vai de festival. Catro propostas rebordantes de enerxía e talento, ao vivo no escenario do Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra para celebrar os 15 anos da Culturgal. Antía Muíño, Néboa, Berto e Grande Amore toman a Feira como un furacán pechando un ano que, sen dúbida, é o seu ano. Electrónica, pop e tradición; a diversidade da música galega de hoxe nunha sesión única e singular. As entradas para #CulturgalSon15 sairán á venda o vindeiro 27 de outubro en cultur.gal a un prezo de 8 euros que inclúe, ademais do concerto, o acceso á Feira. A 15ª Culturgal celébrase en Pontevedra do 24 ao 27 de novembro.

#CulturgalSon15 é unha proposta de AGEM (Asociación Galega de Empresas Musicais) para esta edición especial da Culturgal, que recolle boa parte do novo talento musical do país. Co seu proxecto en solitario Antía Muíño está a converterse nun fenómeno; o seu tema “Carta aberta” ten mais de 900.000 reproducións contabilizadas en Spotify. Compostelá residente en Donosti, a artista forma parte dalgúns proxectos de jazz como o trío Arnela e xa pasou por festivais tan prestixiosos como o Jazzaldia.  A súa formación como guitarrista clásica e a súa proximidade ao jazz vocal, á música tradicional e ás cancións populares, fan da súa proposta unha das grandes sorpresas do ano, que mereceu o Premio Martín Códax da Música 2022 como Artista Emerxente.

Tamén a banda Néboa triunfou este ano nos Martín Códax co galardón na categoría Pop e Indie coa súa proposta baseada no coñecemento da música alternativa e a sensibilidade pola instrumentación da música tradicional. En 2020, co seu primeiro LP, “A realidade enganosa”, producido por Hevi e Lucas de Centi, acadan o galardón ao mellor álbum en galego nos Premios MIN 2021. En 2022 están a xirar por diferentes cidades do Estado presentando o EP “Fósforo”, no que repiten produtores, e no que contan coas colaboracións da cantante portuguesa Sús e de Antía Ameixeiras.

O proxecto Berto nace en decembro de 2021 da man de Alberto Mira, músico e compositor pontevedrés, que xa alterara o panorama musical galego co grupo Verto. En marzo de 2022 Berto publica “Bailar Chikito”, un EP en colaboración coa cantante Marinha, onde explora una mestura entre o pop, a música electrónica, o trap e o techno.Chega a Culturgal tras presentar o tema “Bágoas de cocodrilo”, un avance do que será o seu novo disco.

O peche do concerto #CulturgalSon15 virá da man de Grande Amore, un proxecto tan exitoso como sorprendente, cargado de personalidade e galardoado nos Martín Códax deste ano na categoría de Electrónica.. Grande Amore soa macarra e tenro, rabiosamente humorístico e, ao mesmo tempo, vulnerable na súa desesperación existencial, algo que plasma con mestría no seu primeiro tema, “Esta pena que a veces teño”.

 

XORNADA PROFESIONAL DE PROMOCIÓN ESCÉNICA E MUSICAL DE GALICIA 2022.

Escena Galega e Agem Música organizan o vindeiro xoves 24 de novembro unha xornada de promoción escénica e musical ao abeiro da programacion da Culturgal Feira Industrias Culturais  e desenvolverase no Pazo da Cultura de Pontevedra de 10h a 18.30h

Dende Escena Galega (Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas) e AGEM (Asociación Galega de Empresas Musicais), e co apoio económico e colaboración da Xunta de Galicia por medio da Agadic, organizamos conxuntamente e no marco da programación profesional da Culturgal 2022 esta XORNADA PROFESIONAL DE PROMOCIÓN ESCÉNICA E MUSICAL DE GALICIA.
Esta actividade trata de crear un espazo profesionalizado de relación entre compañías, bandas de música, promotoras e distribuidoras e profesionais da programación escénica e musical, de espazos públicos e privados, para axudar a facilitar a labor de distribución e venda dos espectáculos e actuacións musicais, por unha banda, e de contratación dos mesmos, pola outra. A xornada profesional, por tanto, está enfocada á programación de traballos escénicos e musicais de cara por exemplo á programación do 1S 2023 da RGTA, pero tamén da convocatoria da Rede Cultural da Deputación da Coruña a comezos de ano ou de calquera outra programación propia dos espazos (campañas escolares, programacións de Nadal…).
Fóra do contexto galego convidamos tamén a un feixe de axentes programadores da Rexión Norte de Portugal (teatros, festivais…). E tamén a espazos privados como as distintas superficies comerciais galegas con programacións e espazos de ocio, co obxectivo de diversificar a presenza das entidades programadoras na xornada.
Cando e como
A xornada terá lugar en distintos espazos do Pazo da Cultura de Pontevedra (Rúa de Alexandre Bóveda s/n 36005 - Pontevedra) o xoves 24 de novembro de 2022 en horario de 10.00 a 18.30h.
A quen se dirixe
A todos/as os/as profesionais da programación escénica e musical de Galicia e o Norte de Portugal, ben sexa en espazos públicos ou privados, e ás compañías profesionais de artes escénicas, bandas profesionais de música, promotoras e distribuidoras asociadas a Escena Galega e AGEM.
Inscrición
A inscrición realizarase en dúas quendas, primeiro estará aberto o prazo para profesionais da programación, ata o mércores 9 de novembro ás 14.00 h., podendo realizarse aqui
A inscrición na xornada é de balde, non tendo custo nin para profesionais da programación nin para compañías e bandas musicais participantes. Para os e as profesionais da programación asistentes, ademais, a organización aboará os gastos de desprazamento derivados da súa asistencia

Colabora:
 

| Nova Xunta Directiva da Asociación Galega de Empresas Musicais.|

Dª -Patricia Vanesa Hermida Lago de DOTBEAT S.C presidirá a Organización.

A Asociación Galega de Empreas Musicais, asociación representativa das industrias musicais de Galicia (Promotoras, produtoras, managament e fonográficas) renovou a súa Xunta Directiva que queda integrada por

  • Presidenta: - Dª Patricia Hermida Lago de DOTBEAT S.C
  • Tesoureiro: Don Jose Luís Carballo Lois, de ERNIE PRODUCCIONES SL
  • Secretario: Don : Angel Dieste Aboy de MENKEEPER NORTE S.L.

    A nova Xunta está a elaborar o plan de traballo e de actuación de cara ó exercicio 2022, así como os obxectivos da Asociación a medio prazo.

  •  

     

     

    "Criterios técnicos CCAA-INSST sobre xestión de espectáculos públicos temporais" Cuestións prácticas

    Unha vez superada a primeira etapa da súa aplicación AGEM coa colaboración da Deputación da Coruña e o  ISSGA organiza unha nova xornada

    "Criterios técnicos CCAA-INSST sobre xestión de espectáculos públicos temporais" Cuestións prácticas,

    Data: 26 de outubro de 2021

    Lugar: Santiago de Compostela .Sede da SGAE .Rúa das Salvadas, 2, A, 15705 Santiago de Compostela, A Coruña

    Horario. 11:00 -13:00

    Relator: Pablo García Fernández Técnico en seguridade e saúde laboral CENTRO ISSGA - PONTEVEDRA

    Prazas limitadas. A inscripción realizarase por orden de presentación.

    Folla de preinscrición:

    http://www.agem-musica.com/agem/index.php?option=com_phocadownload&view=category&id=2%3Aconvocatorias-e-axudas&Itemid=72&lang=es

     

    Enviar a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

    coa colaboración;

     

     

     

     

     

     

    AGEM, asóciase ao Clúster de turismo de Galicia

    AGEM,  asóciase ao Clúster de turismo de Galicia co obxectivo de fomentar o turismo cultural en Galicia, colaborar  na promoción de Galicia como destino turístico cultural e impulsar a  imaxe turística de Galicia no desenvolvemento dás  súas actividades.

     
    Máis artigos...



    Próximos eventos
    Non hai eventos próximos
    Ver calendario completo
    Xullo 2022 Agosto 2022 Setembro 2022
    Lu Ma Xo Ve Do
    1 2 3 4 5 6 7
    8 9 10 11 12 13 14
    15 16 17 18 19 20 21
    22 23 24 25 26 27 28
    29 30 31
    Newsletter