Novas

Las últimas noticias del equipo de Joomla!

Modificacións nas medidas de prevención

Pubicada no DOGA a RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se dá publicidade do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 25 de xuño de 2020, polo que se introducen determinadas modificacións nas medidas de prevención previstas no Acordo do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade. Pode consultar o documento na sección de descargas.
 

Novo asociado de AGEM

http://artmusicagency.es/

 

PREVENCIÓN E SAÚDE LABORAL NOS SERVIZOS E PRODUCIÓNS DE EVENTOS E ESPECTÁCULOS ANTE O CORONAVIRUS

Publicada a actualización da guía de Prevención e saúde laboral nos servizos e producións de eventos e espectáculos ante o coronavirus. pode descargar a actualización na sección de documentación
 

Convocadas as subvencións ás actividades de distribución para industrias culturais

(código de procedemento CT402C) Data de publicación: 27 de maio de 2020 Prazo de presentación: Do 28 de maio ao 29 de xuño de 2020, ou ata o esgotamento da partida orzamentaria asignada. As solicitudes de subvención examinaranse e serán outorgadas -sempre que cumpran os requisitos exixidos- por orde cronolóxica, tendo en conta a data de entrada no rexistro da Agadic. Ao se tratar dunha convocatoria aberta que dispón do crédito vixente en actos sucesivos de adxudicación, a Agadic publicará no DOG o esgotamento da partida orzamentaria, así como a inadmisión de ulteriores solicitudes destinadas a participar dos subtipos de subvención indicados. Desde o momento en que se esgote o crédito orzamentario, non serán outorgadas novas subvencións a estas modalidades, sen prexuízo do cumprimento do disposto no artigo 31.4 da Lei de subvencións de Galicia. Presentación das solicitudes: Obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Convocatoria: DOG núm. 101, do mércores 27 de maio de 2020
 

Orde SND/458/2020 de 30 de maio

A orde SND/458/2020 de 30 de maio relativa a Fase 3 aclara as normas a seguir no uso de aseos polos usuarios e engadese ao artigo 34 da SND/399/2020 o agardado texto de i) Se facilitará a agrupación de convivintes, mantendo a debida distancia de seguridade co resto de espectadores. Dende AGEM agardábamos que puidera facerse tamén unha transposición do Artigo 2 Punto 6 da orde TMA/424/2020 que permitira unha ocupación superior, non entendemos que riscos poderían impedilo.
 
Máis artigos...



Próximos eventos
Non hai eventos próximos
Ver calendario completo
Agosto 2022 Setembro 2022 Outubro 2022
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30
Newsletter