Novas

Las últimas noticias del equipo de Joomla!

| Novo Traballo de Rusos Blancos |

Ernie Records presenta o novo dicos de Rusos Blancos "Tiempo de Nísperos".

Xa a venta.

Para mais información: www.ernieproduciones.com

 

| Fol Musica publica o novo disco de Budiño |

Publicase, Sotaque o novo traballo discográfico de Budiño. Un álbum onde as diferentes gaitas, percusións e voces galegas teñen a labor de marcar o ritmo ao longo de nove músicas compostas por Budiño, máis unha peza tradicional chea de sutileza e vitalidade.

Budiño ao vivo presentando "Sotaque"

  • 25/04/2013 Teatro Principal en Santiago de Compostela
  • 26/04/2013 Teatro Principal de Ourense
  • 09/05/2013 Sala Galileo en Madrid
  • Para mais información e venda de entradas en: www.folmusica.com

     

    | Nova Xunta Directiva da Asociación Galega de Empresas Musicais.|

    Ángel Escariz Pérez de Producción e Xestión Cultural, presidirá a Organización.

    A Asociación Galega de Empreas Musicais, asociación representativa das industrias musicais de Galicia (Promotoras, produtoras, managament e fonográficas) renovou a súa Xunta Directiva, na Asemblea Xeral celebrada o 21 de xaneiro de 2013, a Xunta Directiva queda integrada por:

  • Presidente: Don Ángel Albino Escariz Pérez, de Producción e Xestión Cultural.

     

  • Vicepresidente: Don Xosé Manuel Aldea Moscoso, de Ouvirmos.

     

  • Tesoureiro: Don Josiño Carballo Lois, de Ernie Producciones.

     

  • Secretario: Don Roi Maceda Gallego, de Zouma Records.

     

  • Vogal: Doña Raquel Seijo Enríquez, de Sweet Nocturna Promotora.

     

  • Vogal: Doña Belén Bermejo López, de Sirgo Torcendo.

     

  • Vogal: Don José Manuel Blanco Álvarez, de Nalgures Producións.

    A nova Xunta está a elaborar o plan de traballo e de actuación de cara ó exercicio 2013, así como os obxectivos da Asociación a medio prazo.

     

  •  

    | Comunicado de AGEM o Alcalde de Vigo D.Abel Caballero.|

    A Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM) quere manifestar a súa posición tras o anuncio feito polo alcalde de Vigo D. Abel Caballero o xoves 28 de xuño respecto da contratación "directa" do concerto de Joaquín Sabina e Joan Manuel Serrat para o vindeiro 16 de agosto no Instituto Feiral de Vigo:

    As empresas galegas adicadas á promoción e produción musical, levamos tempo manifestando a nosa preocupación pola falta de apoio á actividade cultural desde a institución municipal. Como exemplos desa falta de apoio, o recorte das programacións, a paralización do departamento de Cultura e a contratación de eventos, como é o caso do concerto de Joaquín Sabina e Joan Manuel Serrat, sen contar co sector musical en Galicia. Ademáis da falta de apoio, as declaracións do alcalde Caballero sinalando que a contratación directa do concerto mencionado permite evitar "sobrecostes" e "intermediarios” supón un total descoñecemento da industria cultural e una unha falta de respeto para o sector das empresas musicais en Galicia.

    Ler máis...

     

    O libro, a música, as novas tecnoloxías, o teatro e o audiovisual galego estarán presentes na Feira do Libro e do Disco de Durango

    As industrias culturais galegas compartirán espazo coas vascas na Feira do Libro e do Disco Vasco que se celebrará do 4 ao 8 de decembro nesta localide Durango, AGEM tamén asistirá como invitada a Feira.

    Culturgal é unha ferramenta vertebradora, que contribúe a xerar ideas, a buscar sinerxías e a transformar en oportunidades de futuro as dificultades do presente. Con esta filosofía, o Culturgal viaxa á Durango Azoka, Feira do Libro e do Disco, respondendo o convite de Gerediaga cunha mostra multisectorial da cultura galega actual. Para facelo, conta co apoio económico ofrecido pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC).

    Para mais información:www.culturgal.com

     
    Máis artigos...



    Próximos eventos
    Non hai eventos próximos
    Ver calendario completo
    Maio 2022 Xuño 2022 Xullo 2022
    Lu Ma Xo Ve Do
    1 2 3 4 5
    6 7 8 9 10 11 12
    13 14 15 16 17 18 19
    20 21 22 23 24 25 26
    27 28 29 30
    Newsletter