COMUNICADO DA ASOCIACIÓN GALEGA DE EMPRESAS MUSICAIS (AGEM)

Comunicado en relación á adxudicación do contrato negociado sen publicidade, por parte da Axencia de Turismo de Galicia, en relación coa produción do festival O Son do Camiño.

Antonte foi publicado, na plataforma de contratos de Galicia, un contrato negociado sen publicidade, polo que se acorda pagar case 3 millóns de euros a unha UTE, en relación coa produción dunha programación musical baixo un paraugas denominado “O son do camiño”, que inclúe un Festival no Monte do Gozo, a finais de xuño deste ano e outra programación da que non figuran mais datos en outras seis cidades galegas.

AGEM, a asociación representativa do sector, enviou con data do 9 de febreiro do ano en curso unha carta á Consellería de Presidencia solicitando a paralización dun proceso que entendía non cumpría cos requisitos mínimos de concorrencia e igualdade de oportunidades para ás distintas empresas do sector, aínda máis reforzados pola nova Lei de Contratos Públicos que entrará en vigor o vindeiro 9 de marzo de 2018.

Dende Presidencia deuse traslado a unha reunión na Dirección Xeral de Turismo que produciuse no día de onte, o día posterior a que foi publicada a contratación na páxina de Contratos Públicos de Galicia. Nesa reunión nos trasladaron que, a pesares de non ter aberta posibilidade de presentación de ofertas para o programa do Xacobeo 2021, esa programación estaba pechada acorde á normativa vixente, e que estaban dispostos a escoitar mais ofertas, a pesares tamén de que xa non había dispoñibilidade orzamentaria para o ano en curso, pero que poderían ser estudadas para os vindeiros anos.

Ante as fundadas sospeitas de que o contrato foi preparado con accións que permitiran darlle unha aparencia de legalidade, sospeitas incrementadas polas graves irregularidades que contén o anuncio de licitación -ausencia de pregos, entre outras- e polo feito de que o evento é anunciado o mesmo día en que se fai a publicación do contrato na web da Xunta de Galicia, AGEM reunirase a primeiros da semana que vén para estudar as accións que correspondan en defensa dos intereses do sector

Empresas integrantes de AGEM, e outras do sector que se están a por en contacto con nós, entenden que a exclusividade outorgada de facto pola Xunta de Galicia para a programación neste ano do Xacobeo 2021 a unha UTE de dúas empresas está a xerar graves distorsións no mercado, atentando contra a competencia e poñendo en risco a supervivencia de moitas empresas do noso sector.

Modificado o (Venres, 23 Febreiro 2018 19:22)

 

LEY Espectáculos Públicos Actividades Recreativas GALICIA

Publicada la nueva Ley Espectáculos Públicos y Actividades Recreativas de Galicia.

Es la primera norma autonómica con rango legal que establece una regulación genérica, actualizada y de carácter global de esta materia y llena el vacío normativo autonómico existente en la actualidad.

El objeto es el de conseguir un marco normativo adecuado a la realidad de la sociedad actual conforme con los nuevos parámetros sociales y culturales, atendiendo a la actual generalización y diversificación de las actividades relacionadas con el ocio, que obliga a encontrar equilibrio entre las distintas sensibilidades, derechos y obligaciones de las personas que organizan los espectáculos y actividades recreativas, de las personas espectadoras o usuarias y de las personas ajenas a estas actividades, acreedoras del derecho al descanso y a una convivencia normalizada, y garantizando un equilibrio entre el principio de libertad y el principio de seguridad y convivencia.

Quedan sometidos a la presente ley todo tipo de espectáculos públicos y actividades recreativas que se celebren en establecimientos y espacios abiertos al público, con independencia del carácter público o privado de quienes los organicen, de la titularidad pública o privada del establecimiento o espacio abierto al público en que se desarrollen, de su finalidad lucrativa o no lucrativa y de su carácter esporádico o habitual.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180102/AnuncioC3B0-271217-0001_es.html

Modificado o (Martes, 13 Febreiro 2018 14:47)

 

Chega Culturgal 10º aniversario!

Chega Culturgal 10º aniversario!

Porque entramos nun espazo cheo de posibilidades.
Porque accedemos ao Pazo da Cultura sabendo o que queremos. 
Porque quedamos con alguén a quen só vemos en Culturgal.
Porque vimos todos os anos e xa é ritual de "xeración culturgal". 
Porque é moi fácil enganchar cunha silveir
Porque por poucos euros o grupo familiar pasa un día especial.
Porque nos gusta dar unha volta por Pontevedra.
Porque levamos un libro de Culturgal
e falamos coa súa autora.

Porque quedamos atrapados nunha música.

Culturgal Feira Industrias Culturais
Música, Libros, Cine, Artes Escénicas, Infantil, Estreas, Arte Contemporánea 
Do 1 ao 3 de dezembro
No Pazo da Cultura de Pontevedra
Venres e sábado: de 11 a 21h. Domingo até as 20h.

Modificado o (Domingo, 26 Novembro 2017 12:41)

 

Xornada Culturgal: Prepara a túas festas conforme a Nova Lei de espectáculos de Galicia

Na actualidade estase debater no Parlamento de Galicia un importante cambio normativo para o sector , A Lei de espectáculos e actividades Recreativas de Galicia, esta traerá cambios no procedemento de autorización/supervisión  dos espectáculos Públicos dentro a Comunidade Autónma.(Entre eles as Festas)

Esta jornada pretende aclarar cales son os pasos a realizar para solicitar a comunicación previa ou solicitude de licencia. Trámites e requisitos.

Ver as principais novedades así como valorar as responsabilidades dos promotores do evento

Lugar: Culturgal Feira das Industrias Culturais. Pazo de Congresos e Exposicións Pontevedra. Aulas

Data: 1 de Decembro de 2017

Hora :16:30

www.culturgal.com

 


 

 

"Coordinación de Riscos en Espectáculos Públicos”.

Xornada de Presentación “Coordinación de Riscos en Espectáculos Públicos”. Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM) en colaboración co ISSGA.

Venres, 1 de decembro de 19:45 a 20:30 no Foro

www.culturgal.com

Pazo da Cultura de Pontevedra, 36005 Pontevedra

 


 

 

 

 

 

Coordinación de Riscos -Eventos

Seguimos traballando en riscos, tamén os dos nosos traballadores/as... Preparando manuais de Coordinación en colaboración co ISSGA e xornadas...#eventoseguro #PRL

 

Modificado o (Martes, 07 Novembro 2017 11:55)

 

Lei de Espectáculos- Parlamento

O pasado venres 20 explicamos, esta vez, ao Grupo Parlamentario do BNG , a nosa visión do Proyecto de Lei de espectáculos Públicos e Actividades Recreativas de Galicia. Grazas por escoitar as demandas do Sector! #eventoseguro #eventosgalicia

 

 

Lei de Espectáculos.-Parlamento

Seguimos traballando porla Lei de espectáculos e actividades recreativas de Galicia. Onte co Grupo Parlamentario de En Marea grazas por escoitar as demandas do sector. A nosa prioridade #Eventoseguro

 

 



Próximos eventos
Non hai eventos próximos
Ver calendario completo
February 2018 March 2018 April 2018
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31
Newsletter