a
g
a
t
e
c

Que é AGATEC

Asociación de Empresas Tecnolóxicas e Servizos Audiovisuais de Galicia (AGATEC).
Somos unha entidade experta en tecnoloxía audiovisual de ámbito autonómico, creada en 2019 e inscrita no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia. As empresas que integramos Agatec somos empresas dedicadas a produción técnica de eventos, ofrecemos  servizos de alugueiro de equipos e infraestruturas para todo o relacionado coa produción e aprovisionamento técnico e audiovisual das artes escénicas, musicais, danza, producións audioviovisuais, elementos técnicos de imaxe e decoración para eventos, comercio, espectáculos, exposicións, congresos e comunicación pública.

Nosos esforzo céntranse na representación, defensa e promoción de intereses económicos, sociais, profesionais
e culturais de todos os afiliados e encamíñase cara a ese obxectivo mediante:

O fomento e creación
de servizos comúns
de natureza asistencial

A vixilancia do cumprimento normativo de prevención de riscos 

A formación constante de profesionais mediante  técnicas específicas

A promoción de colaboración con outras asociacións ou entidades profesionais

logo agatec bn

Socios

Somos un grupo representativo de axencias de organización integral de eventos, con vocación de traballar por e para a nosa industria.
Unímonos porque amamos a nosa profesión e queremos que o sector tecnolóxico e de servizos sexa recoñecido polo seu peso económico, a súa seriedade e a súa capacidade para conseguir comunicar en directo, dun modo estratéxico.
Na actualidade somos nove empresas, pero queremos ser moitas máis e estar presentes en toda a xeografía española.

Normativa e lexislación

Consulta aquí toda a lexislación do sector que temos que ter en conta no noso traballo diario, tanto a nivel estatal como autonómico.
O cumprimento dos requisitos normativos é fundamental para a profesionalización da nosa actividade, tamén para garantir a seguridade das persoas traballadoras e de quen asiste aos eventos que organizamos. 

A formación

En Agatec apostamos pola formación do persoal técnico e directivo para a profesionalización dun sector sempre cambiante e en evolución como é o noso. Debido a esta circunstancia, un dos propósitos firmes da asociación e animar ao persoal técnico das industrias culturais e creativas a estar sempre en proceso de formación continua, adaptándonos aos cambios e aos retos que tanto a sociedade como o propio sector nos demandan.

No ano 2020 buscamos firmar convenios de colaboración para impartir formación como o asinado coa Xunta de Galicia para a posta en marcha do Plan Formativo para o Persoal das Industrias Culturais e Creativas, que se desenvolveu de xeito presencial e gratuíto entre os meses de outubro e novembro na Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela

A acción materialízase en virtude do convenio asinado entre o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, e o presidente de Agatec, Paco de Pin, e forma parte dunha trintena de iniciativas de formación continua e capacitación profesional no marco do Plan de reactivación do sectores culturais e Turístico fronte aos efectos da covid-19. Nesta primeira fase celebráronse os seguintes cursos en tres períodos con quendas de mañá e de tarde.

Curso de Rigging e estructuras escénicas. Do 19 ao 23 de outubro de 2020

Curso de vídeo e pantallas multimedia. 26 de novembro de 2020

Curso de electricidade para montaxe de eventos. Do 5 ao 9 de outubro de 2020

Contactar con Agatec

agatec logo

Contacto

Escríbenos mediante este formulario
ou localízanos no teléfono 698 181 324