24 de Outubro de 2024

4º Xornada de Promoción Escénica e Musical de Galicia

Es profesional da programación e queres participar desta xornada?

  • Aberto prazo de inscrición de profesionais da programación ata este venres!
  • O vindeiro martes 5 de novembro celebraremos na @cidadedacultura a 4ª Xornada de Promoción Escénica e Musical de Galicia en colaboración coa tamén asociación sectorial Escena Galega
  • Será unha xornada intensiva de 10h a 18.30h onde as entidades asociadas a Escena Galega e AGEM – Asociación Galega de Empresas Musicáis acudirán a un espazo profesionalizado de relación entre compañías, bandas de música, promotoras e distribuidoras e profesionais da programación escénica e musical, de espazos públicos e privados, para axudar a facilitar a labor de distribución e venda dos espectáculos e actuacións musicais, por unha banda, e de contratación dos mesmos, pola outra.

Tras o peche de acreditadas de profesionais da programación, enviaremos a información ao resto de entidades asociadas a Escena Galega e Agem Asociación Galega Empresas Musicais

As imaxes son de @miguellamasfotografia
ℹ️A realización desta xornada é posible grazas ao apoio económico e colaboración da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (@industriasculturaisde ), a colaboración da Cidade da Cultura de Galicia e o patrocinio de Cafés Candelas

#Teatro #Danza #Circo #NovoCirco #Monicreques #musica#EscenaGalega #Agem #Galicia

Coa colaboración :

Coa colaboración de :