AGEM
Desde o 2007 defendendo os intereses profesionais das empresas galegas do eido da música en vivo
A Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM) naceu en 2007 para
defender os intereses profesionais das empresas galegas vinculadas á
música ao vivo: produtoras, promotoras, managers, axentes de
contratación, compañías de representación artística, editoras
fonográficas e empresas técnicas, entre outras actividades
relacionadas coa xestión cultural e os espectáculos.
Os nosos asociados
AGEM está integrada por empresas que conforman a cadea de valor da actividade cultural e musical. Empresas que realizan actividades de deseño, xestión e produción de eventos de carácter cultural, musical, educativo, social e de entretemento, destinados a ser realizados en locais pechados ou a ceo aberto e, en xeral, todas as actividades técnicas e preparatorias para a execución destes eventos ou servizos, incluída a actividade comercial, de representación de artistas, festivais, distribución e xestión (management).
Estas empresas traballan en distintos mercados de artistas internacionais que conforman as programacións de numerosos festivais e espectáculos producidos en Galicia e noutros territorios. Igualmente, hai empresas que representan a diversos artistas, na súa maioría galegos, que traballan en mercados de todo o mundo. Tamén empresas de AGEM son promotoras de festivais maioritariamente producidos en Galicia, pero tamén noutros territorios. Empresas de produción técnica e persoal técnico especializado que traballan en numerosos espectáculos producidos dentro e fóra de Galicia. Distintas gravacións producidas ou editadas por empresas de AGEM teñen repercusión en mercados internacionais e son sincronizadas tanto a nivel fonográfico como editorial en producións audiovisuais; longametraxes, curtas, documentais e publicidade.
O impulso industrial propiciado por AGEM, vai máis alá do facturado polas empresas
Asociadas. O impacto económico dos espectáculos nos que participa AGEM, tanto de artistas en solitario coma de festivais, é de mais de 100 millóns de euros.
As empresas que conforman AGEM son a raíz do sector cultural e resultan fundamentais na industria global da cultura, na música e no seu tecido económico.




