Comunicado AGEM

Comunicado en relación á contratación por procedemento aberto dun patrocinio publicitario para celebrar
un concerto internacional no estadio de Balaídos

A Asociación de Empresas Galegas Musicais (AGEM), formada por máis de corenta empresas de sólida traxectoria na industria

musical en Galicia, manifestan o seu malestar ante as fundadas sospeitas de que o Concello de Vigo tería articulado un

procedemento preparado para garantir a contratación de Guns N’ Roses preservando a aparencia de legalidade a través do

cumprimento dos principios de contratación do sector público.

Ditas sospeitas dedúcense da contestación outorgada polo propio concello á consulta dirixida desde esta asociación onde o

consistorio limitouse a xustificar a elección do patrocinio publicitario como procedemento óptimo e a detallar en como se articula o

trámite, sen realizar ningunha apreciación ao apercibimento que se lle fixo.

Ante esta resposta, Agem remitiu un segundo comunicado constatando, desde a súa experiencia, a improbabilidade de materializar

unha contratación dun artista internacional nos 15 días habilitados polo Concello de Vigo para presentar a oferta

(publicación do prego o día 25/04/23 data límite de presentación de propostas o día 10/05/23 a non ser que as negociacións xa

estivesen avanzadas previamente, como é o caso do concerto de Guns ‘n Roses, confirmado pola empresa organizadora o 21/02/23.

Igualmente, Agem advertiulle ao Concello de Vigo que resulta imposible organizar un concerto desta índole no prazo dun mes e medio,

sendo como se sinala no prego o día 28 de xuño a data límite de celebración do evento. Só podería darse tal casuística se os procesos

xa estivesen iniciados, tal e como acontece co concerto de Guns n’ Roses.

Así as cousas, Agem apercibe de que este contrato podería ser articulado en fraude de lei por pretender dotar da seguridade xurídica

dunprocedemento aberto a unha subvención directa para un evento concreto mediante unha actuación indebida, xerando unha grave

distorsión no marco colaborativo públicoprivado para este tipo de actuacións.

Por todo o denunciado anteriormente, AGEM entende que o xeito de proceder do Concello de Vigo pode a xerar serios perxuizos na

industria, empregando fórmulas distorsionadas que atentan contra a liberdade de competencia e poñendo en risco a supervivencia de

moitas empresas do mercado que invisten recursos humanos e económicos na presentación das súas ofertas con escasas posibilidades

de resultaren seleccionadas ao creares unha falsa aparencia de liberdade de acceso á licitación.

 

 

 

Modificado o (Mércores, 20 Setembro 2023 07:22)

 



Próximos eventos
Non hai eventos próximos
Ver calendario completo
Decembro 2024 Xaneiro 2025 Febreiro 2025
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31
Newsletter