Novas

Culturgal convoca a praza de dirección da edición do 2023

Profesional con experiencia en coordinación e dirección de proxectos culturais, de equipos

humanos, con capacidade de interlocución co tecido artístico e cidadanía, e de cooperación

con outras institucións públicas e privadas.

A directiva da Culturgal convida a todas as persoas interesadas a presentar a súa candidatura

ata o próximo 8 de marzo.

A directiva da Feira procura, con este proceso de selección de dirección, afondar na renovación dun

evento de referencia que debe atender ao dobre carácter da Culturgal: por unha banda, como

plataforma para o sector e profesionais e, por outra, como festa e encontro para públicos diversos.

Todas as persoas interesadas na convocatoria deberán presentar o seu CV e unha carta de

motivación na que acreditar a súa solvencia profesional. A nova directora ou director de

Culturgal terá que, entre outras labores, definir o programa da Feira en coordinación coa

Xunta Directiva, supervisar a produción, montaxe e equipos técnicos, xestionar os plans de

axudas e patrocinios así como procurar novas vías de financiamento e coordinar a estratexia de comunicación.

As bases da convocatoria pódense consultar na web www.cultur.gal.

Bases da convocatoria

 

Culturgal está organizada pola asociación do mesmo nome, presidida por Víctor López e constituída en 2010 para dar continuidade

e estabilidade a unha feira que arrincara de maneira exitosa en 2007. Forman parte de Culturgal as asociacións profesionais máis

representativas do sector: Asociación Galega de Editores (AGE), Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas (Escena Galega),

Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM), Asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías

(Eganet), Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi).

A Feira conta co patrocinio estable da Xunta de Galicia, Concello de Pontevedra, Ministerio de Cultura e Deporte, Deputación de

Pontevedra e Deputación da Coruña.

Agradecemento a Eva Alonso

A directiva da Culturgal quere manifestar o seu agradecemento a Eva Alonso, directora da Feira na edición 2022, que pola dedicación

que lle esixen outros proxectos profesionais non pode continuar na dirección da edición 2023.

 

Grazas pola vosa atención e enviámosvos un saúdo cordial,

 

Modificado o (Luns, 27 Febreiro 2023 17:43)

 

I Xornada Profesional da Industria Musical

AGEM, co patrocinio da Deputación
da Coruña, organiza a I Xornada Profesional da Industria
Musical, a mesma terá lugar o próximo día 13 de
Decembro en Santiago de Compostela.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Consta  de 4 relatorios :

1. Os dereitos de propiedade intelectual na industria musical.
2. Xestión de axudas e subvencións para o desenvolvemento de proxectos musicais.

3. Novidades relativas ao Estatuto do Artista.
4. A música ao vivo e a súa relación co sector público: patrocinios, convenios e outras fórmulas de colaboración.

Obtención de títulos habilitantes.

Pode consultar o programa completo :

http://www.agem-musica.com/agem/index.php?option=com_phocadownload&view=category&download=56%3Ai-xordana-profesional&id=2%3Aconvocatorias-e-axudas&Itemid=72&lang=gl

Para poder asistir é preciso confirmar asistencia na seguinte ligazón:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSffwvEZrwSn_pbkpt_zYGroS5y6o3PA_F8__NvxrkEReNj2Gg/viewform

A inscrición é de balde e pode realizarse a unha ou varias xornadas
As prazas son limitadas, a inscrición realizarase por orde de presentación.

Patrocina :


Modificado o (Xoves, 01 Decembro 2022 20:10)

 

Antía Muíño, Néboa, Berto e Grande Amore, ao vivo na noite grande da Culturgal 2022

A noite do sábado 26 de novembro, Culturgal vai de festival. Catro propostas rebordantes de enerxía e talento, ao vivo no escenario do Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra para celebrar os 15 anos da Culturgal. Antía Muíño, Néboa, Berto e Grande Amore toman a Feira como un furacán pechando un ano que, sen dúbida, é o seu ano. Electrónica, pop e tradición; a diversidade da música galega de hoxe nunha sesión única e singular. As entradas para #CulturgalSon15 sairán á venda o vindeiro 27 de outubro en cultur.gal a un prezo de 8 euros que inclúe, ademais do concerto, o acceso á Feira. A 15ª Culturgal celébrase en Pontevedra do 24 ao 27 de novembro.

#CulturgalSon15 é unha proposta de AGEM (Asociación Galega de Empresas Musicais) para esta edición especial da Culturgal, que recolle boa parte do novo talento musical do país. Co seu proxecto en solitario Antía Muíño está a converterse nun fenómeno; o seu tema “Carta aberta” ten mais de 900.000 reproducións contabilizadas en Spotify. Compostelá residente en Donosti, a artista forma parte dalgúns proxectos de jazz como o trío Arnela e xa pasou por festivais tan prestixiosos como o Jazzaldia.  A súa formación como guitarrista clásica e a súa proximidade ao jazz vocal, á música tradicional e ás cancións populares, fan da súa proposta unha das grandes sorpresas do ano, que mereceu o Premio Martín Códax da Música 2022 como Artista Emerxente.

Tamén a banda Néboa triunfou este ano nos Martín Códax co galardón na categoría Pop e Indie coa súa proposta baseada no coñecemento da música alternativa e a sensibilidade pola instrumentación da música tradicional. En 2020, co seu primeiro LP, “A realidade enganosa”, producido por Hevi e Lucas de Centi, acadan o galardón ao mellor álbum en galego nos Premios MIN 2021. En 2022 están a xirar por diferentes cidades do Estado presentando o EP “Fósforo”, no que repiten produtores, e no que contan coas colaboracións da cantante portuguesa Sús e de Antía Ameixeiras.

O proxecto Berto nace en decembro de 2021 da man de Alberto Mira, músico e compositor pontevedrés, que xa alterara o panorama musical galego co grupo Verto. En marzo de 2022 Berto publica “Bailar Chikito”, un EP en colaboración coa cantante Marinha, onde explora una mestura entre o pop, a música electrónica, o trap e o techno.Chega a Culturgal tras presentar o tema “Bágoas de cocodrilo”, un avance do que será o seu novo disco.

O peche do concerto #CulturgalSon15 virá da man de Grande Amore, un proxecto tan exitoso como sorprendente, cargado de personalidade e galardoado nos Martín Códax deste ano na categoría de Electrónica.. Grande Amore soa macarra e tenro, rabiosamente humorístico e, ao mesmo tempo, vulnerable na súa desesperación existencial, algo que plasma con mestría no seu primeiro tema, “Esta pena que a veces teño”.

 

XORNADA PROFESIONAL DE PROMOCIÓN ESCÉNICA E MUSICAL DE GALICIA 2022.

Escena Galega e Agem Música organizan o vindeiro xoves 24 de novembro unha xornada de promoción escénica e musical ao abeiro da programacion da Culturgal Feira Industrias Culturais  e desenvolverase no Pazo da Cultura de Pontevedra de 10h a 18.30h

Dende Escena Galega (Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas) e AGEM (Asociación Galega de Empresas Musicais), e co apoio económico e colaboración da Xunta de Galicia por medio da Agadic, organizamos conxuntamente e no marco da programación profesional da Culturgal 2022 esta XORNADA PROFESIONAL DE PROMOCIÓN ESCÉNICA E MUSICAL DE GALICIA.
Esta actividade trata de crear un espazo profesionalizado de relación entre compañías, bandas de música, promotoras e distribuidoras e profesionais da programación escénica e musical, de espazos públicos e privados, para axudar a facilitar a labor de distribución e venda dos espectáculos e actuacións musicais, por unha banda, e de contratación dos mesmos, pola outra. A xornada profesional, por tanto, está enfocada á programación de traballos escénicos e musicais de cara por exemplo á programación do 1S 2023 da RGTA, pero tamén da convocatoria da Rede Cultural da Deputación da Coruña a comezos de ano ou de calquera outra programación propia dos espazos (campañas escolares, programacións de Nadal…).
Fóra do contexto galego convidamos tamén a un feixe de axentes programadores da Rexión Norte de Portugal (teatros, festivais…). E tamén a espazos privados como as distintas superficies comerciais galegas con programacións e espazos de ocio, co obxectivo de diversificar a presenza das entidades programadoras na xornada.
Cando e como
A xornada terá lugar en distintos espazos do Pazo da Cultura de Pontevedra (Rúa de Alexandre Bóveda s/n 36005 - Pontevedra) o xoves 24 de novembro de 2022 en horario de 10.00 a 18.30h.
A quen se dirixe
A todos/as os/as profesionais da programación escénica e musical de Galicia e o Norte de Portugal, ben sexa en espazos públicos ou privados, e ás compañías profesionais de artes escénicas, bandas profesionais de música, promotoras e distribuidoras asociadas a Escena Galega e AGEM.
Inscrición
A inscrición realizarase en dúas quendas, primeiro estará aberto o prazo para profesionais da programación, ata o mércores 9 de novembro ás 14.00 h., podendo realizarse aqui
A inscrición na xornada é de balde, non tendo custo nin para profesionais da programación nin para compañías e bandas musicais participantes. Para os e as profesionais da programación asistentes, ademais, a organización aboará os gastos de desprazamento derivados da súa asistencia

Colabora:

Modificado o (Xoves, 01 Decembro 2022 09:06)

 

| Nova Xunta Directiva da Asociación Galega de Empresas Musicais.|

Dª -Patricia Vanesa Hermida Lago de DOTBEAT S.C presidirá a Organización.

A Asociación Galega de Empreas Musicais, asociación representativa das industrias musicais de Galicia (Promotoras, produtoras, managament e fonográficas) renovou a súa Xunta Directiva que queda integrada por

  • Presidenta: - Dª Patricia Hermida Lago de DOTBEAT S.C
  • Tesoureiro: Don Jose Luís Carballo Lois, de ERNIE PRODUCCIONES SL
  • Secretario: Don : Angel Dieste Aboy de MENKEEPER NORTE S.L.

    A nova Xunta está a elaborar o plan de traballo e de actuación de cara ó exercicio 2022, así como os obxectivos da Asociación a medio prazo.

  •  

     

    Modificado o (Martes, 22 Febreiro 2022 12:21)

     
    Máis artigos...



    Próximos eventos
    Non hai eventos próximos
    Ver calendario completo
    Decembro 2024 Xaneiro 2025 Febreiro 2025
    Lu Ma Xo Ve Do
    1 2 3 4 5
    6 7 8 9 10 11 12
    13 14 15 16 17 18 19
    20 21 22 23 24 25 26
    27 28 29 30 31
    Newsletter