Novas

Formación e capacitación profesional no ámbito cultural

AGEM asina coa AGADIC Convenio de Colaboración para a formación e capacitación profesional no ámbito cultural A Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM) ten previsto un intenso calendario formativo, que levará a cabo durante os vindeiros meses tanto en liña como de xeito presencial. Na primeira modalidade, insírense 10 cursos de temáticas moi variadas (contro de accesos: biometría, biocidas: tipos e métodos de loita, Indesign: catálogos multimedia, AutoCAD, inglés en varios niveis, intelixencia emocional e autocontrol en situacións de emerxencia, community manager, reglamento europeo de protección de datos, e xestión loxística), mentres que a presencial abordará diferentes facetas da organización de concertos, festivais e outros encontros musicais a través de nove propostas: planificación, organización e control de eventos, manipulación de cargas con equipos de elevación, recurso preventivo, traballos en altura, carretilleiro, plataforma elevadora, sketchup, primeiros auxilios e contraincendios. Coa colaboración de :

 

III Convenio colectivo de eventos, servicios y producciones culturales de Galicia

Publicada a RESOLUCIÓN de 16 de junio de 2020, de la Secretaría General de Empleo, por la que se dispone la inscripción en el registro y la publicación del III Convenio colectivo de eventos, servicios y producciones culturales de Galicia. Pode consultalo na sección de documentación
 

Modificacións nas medidas de prevención

Pubicada no DOGA a RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se dá publicidade do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 25 de xuño de 2020, polo que se introducen determinadas modificacións nas medidas de prevención previstas no Acordo do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade. Pode consultar o documento na sección de descargas.
 

Novo asociado de AGEM

http://artmusicagency.es/

 

PREVENCIÓN E SAÚDE LABORAL NOS SERVIZOS E PRODUCIÓNS DE EVENTOS E ESPECTÁCULOS ANTE O CORONAVIRUS

Publicada a actualización da guía de Prevención e saúde laboral nos servizos e producións de eventos e espectáculos ante o coronavirus. pode descargar a actualización na sección de documentación
 
Máis artigos...



Próximos eventos
Non hai eventos próximos
Ver calendario completo
Decembro 2024 Xaneiro 2025 Febreiro 2025
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31
Newsletter