| Nova Xunta Directiva da Asociación Galega de Empresas Musicais.|
Ángel Escariz Pérez de Producción e Xestión Cultural, presidirá a Organización.
A Asociación Galega de Empreas Musicais, asociación representativa das industrias musicais de Galicia (Promotoras, produtoras, managament e fonográficas) renovou a súa Xunta Directiva, na Asemblea Xeral celebrada o 21 de xaneiro de 2013, a Xunta Directiva queda integrada por:
Presidente: Don Ángel Albino Escariz Pérez, de Producción e Xestión Cultural.
Vicepresidente: Don Xosé Manuel Aldea Moscoso, de Ouvirmos.
Tesoureiro: Don Josiño Carballo Lois, de Ernie Producciones.
Secretario: Don Roi Maceda Gallego, de Zouma Records.
Vogal: Doña Raquel Seijo Enríquez, de Sweet Nocturna Promotora.
Vogal: Doña Belén Bermejo López, de Sirgo Torcendo.
Vogal: Don José Manuel Blanco Álvarez, de Nalgures Producións.
A nova Xunta está a elaborar o plan de traballo e de actuación de cara ó exercicio 2013, así como os obxectivos da Asociación a medio prazo.
|
| Comunicado de AGEM o Alcalde de Vigo D.Abel Caballero.|
A Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM) quere manifestar a súa posición tras o anuncio feito polo alcalde de Vigo D. Abel Caballero o xoves 28 de xuño respecto da contratación "directa" do concerto de Joaquín Sabina e Joan Manuel Serrat para o vindeiro 16 de agosto no Instituto Feiral de Vigo:
As empresas galegas adicadas á promoción e produción musical, levamos tempo manifestando a nosa preocupación pola falta de apoio á actividade cultural desde a institución municipal. Como exemplos desa falta de apoio, o recorte das programacións, a paralización do departamento de Cultura e a contratación de eventos, como é o caso do concerto de Joaquín Sabina e Joan Manuel Serrat, sen contar co sector musical en Galicia. Ademáis da falta de apoio, as declaracións do alcalde Caballero sinalando que a contratación directa do concerto mencionado permite evitar "sobrecostes" e "intermediarios” supón un total descoñecemento da industria cultural e una unha falta de respeto para o sector das empresas musicais en Galicia.
Modificado o (Mércores, 04 Xullo 2012 13:37)
Ler máis...
O libro, a música, as novas tecnoloxías, o teatro e o audiovisual galego estarán presentes na Feira do Libro e do Disco de Durango
As industrias culturais galegas compartirán espazo coas vascas na Feira do Libro e do Disco Vasco que se celebrará do 4 ao 8 de decembro nesta localide Durango, AGEM tamén asistirá como invitada a Feira.
Culturgal é unha ferramenta vertebradora, que contribúe a xerar ideas, a buscar sinerxías e a transformar en oportunidades de futuro as dificultades do presente. Con esta filosofía, o Culturgal viaxa á Durango Azoka, Feira do Libro e do Disco, respondendo o convite de Gerediaga cunha mostra multisectorial da cultura galega actual. Para facelo, conta co apoio económico ofrecido pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC).
Para mais información:www.culturgal.com
Nova Feira das Industrias Culturais, Culturgal 2011.
Onte Xoves 3 de Marzo presentouse a Feira Culturgal 2011, que será celebrada de novo en Pontevedra no derradeiro trimestre do presente 2011.Tamen se presentou a memoria da Feira Culturgal 2010; na que relaciona a 67 empresas, un total de 105 actividades e 14000 visitantes.
A Feira Culturgal 2011, contará ao igual que no ano 2010 coa colaboración da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC).
Mision comercial a Minas Gerais
Agadic, por medio de Galiciantunes prepara unha misión comercial a Minas Gerais, que terá lugar do 8 ao 12 de Decembro datas de celebración da Feira Música Brasil. Os nosos parceiros mineiros garanten un trato especial e contactos cos sectores culturais industriais no marco da Feira Música Brasil. Agardamos a proposta sexa do voso interese.
Más información na zona socios.
|
|