La Asociación

A Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM) nace no ano 2007 para defender os intereses profesionais das empresas galegas que proveen servicios no ámbito da música ao vivo, incluíndo produtores, promotores, managers e axentes

"A Asociación integrara a todos os empresarios persoas físicas e/ou xurídicas que teñan o seu domicilio social ou fiscal (neste último suposto para os empresarios individuais) no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e que a súa actividade empresarial ou profesional sexa a representación artística, a de axente de contratación, a edición de fonogramas, a promoción e a produción técnica de eventos e espectáculos en calquera das súas fases, así coma outras actividades directamente relacionadas co espectáculo e a xestión cultural, incluidas a certificación de conformidade de produciós de espectáculos, a seguridade e a formación especializada, a condición de que reúnan os requisitos profesionais, administrativos e legais pertinentes, e o demostren, no ano natural anterior a súa solicitude."."

 

PRINCIPIOS FUNDACIONAIS

 

Constitúen o motivo de que a nosa Asociación se teña constituído, polo que, de seguido, ofrecemos os que son os máis relevantes: • Representar a todos os seus Asociados e desenvolver os seus intereses económicos e a promoción dos seus intereses profesionais, laborais, sociais e culturais, tanto individuais como colectivos.

 

• Crear un panel para intercambiar ideas e experiencias en beneficio do exercicio profesión da promoción, produción e distribución de concertos musicais.

 

• Conseguir e manter unha solidariedade entre promotores, productores e axentes distribuidores de concertos respecto dos seus valores éticos e profesionais.

 

• Manter o contacto necesario con outras organizacións afíns de calquera ámbito territorial co fin de prestarse mutua colaboración e tamén intercambiar experiencias en materia profesional que redunden no beneficio da Asociación e dos seus asociados. Para ese efecto, establécese como principio programático federarse con outras asociacións que integren a cadea de valor da música, con idéntico ámbito territorial, para a defensa dos intereses comúns.

 

• Negociar e chegar a acordos con diferentes organizacións, Institucións e Administracións Públicas, empresas ou cal esqueira persoas físicas ou xurídicas de calquera lugar do mundo con respecto a temas que interesen e/ou afecten aos membros da Asociación no desenvolvemento das súas actividades.

 

ESTRUCTURA:

 

 

A Asociación Galega de Empresas Musicais componse dos seguintes Órganos:

 

A Asemblea Xeral

 

E o Órgano soberano da Asociación e esta composto por todos os membros asociados.

 

A Xunta Directiva.

 

Está composto por 3 membros, os cales están facultados para acordar e representar a Asociación en todos os actos específicos que constitúan el obxecto social de dita Asociación Profesional.

 

A Xunta Directiva actualmente vixente da Asociación Galega de Empresas Musicais:

· Presidenta:  Patricia  Hermida Lago de DOTBEAT S.C

· Secretario: Angel Dieste Aboy   de MENKEEPER NORTE S.L.

· Tesoureiro: Jose Luís Carballo Lois, de ERNIE PRODUCCIONES SL

 

Xerencia: Beatriz Fernández Rivera.



Próximos eventos
No hay eventos próximos.
Ver calendario completo
Octubre 2024 Noviembre 2024 Diciembre 2024
Lu Ma Mi Ju Vi Do
1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30
Newsletter