Aviso legal
AVISO LEGAL
En cumprimento co deber de información recollido no artigo 10 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e do comercio electrónico, detállanse a continuación os datos identificativos da persoa titular do sitio web https://agem-musica.com/
- TITULAR: Asociación Galega de Empresas Musicais AGEM
- NIF/CIF: G36998045
- DOMICILIO SOCIAL: San Salvador 3 4ºB Perlío Fene A Coruña
- CORREO ELECTRÓNICO DE CONTACTO: xerencia@agem-musica.com
- TELÉFONO DE CONTACTO:
- SITIO WEB: https://agem-musica.com/
1. OBXECTO
Este sitio web foi creado por AGEM con carácter informativo e para uso persoal das persoas usuarias. A través deste aviso legal preténdese regular o acceso e o uso deste sitio web, así como a relación entre o sitio e as persoas usuarias.
2. CONDICIÓNS DE USO
O acceso e uso do sitio web atribúe a condición de persoa usuaria e implica a aceptación plena e sen reservas de todas e cada unha das disposicións incluídas neste aviso legal, que poden sufrir modificacións.
A persoa usuaria comprométese a facer un uso adecuado do sitio web conforme á lei, á moral, á orde pública e ao presente aviso legal. Responderá fronte a AGEM ou fronte a terceiros por calquera dano ou prexuízo que poida causar como consecuencia do incumprimento desta obrigación.
3. PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL
Todos os contidos do sitio web (textos, imaxes, vídeos, software, deseño gráfico, código fonte, etc.) son titularidade de AGEM ou, se é o caso, de terceiros cos que se chegase a un acordo para o seu uso, estando protexidos pola normativa vixente sobre propiedade intelectual e industrial.
Queda prohibida a súa reprodución, distribución, comunicación pública, transformación ou calquera outra actividade sen a autorización expresa de AGEM.
4. LIGAZÓNS A SITIOS DE TERCEIROS
Este sitio web pode conter ligazóns a páxinas externas, non sendoAGEM responsable dos seus contidos nin de calquera outro aspecto relacionado con estes sitios web.
5. LIMITACIÓN DE RESPONSABILIDADE
AGEM non se fai responsable dos erros ou omisións nos contidos do sitio web nin dos danos derivados do seu uso, nin das actuacións realizadas sobre a base da información que se proporciona.
6. LEXISLACIÓN APLICABLE E XURISDICIÓN
Este aviso legal réxese pola lexislación española. Para calquera controversia que poida derivarse do acceso ou uso do sitio web, as partes sométense aos Xulgados e Tribunais de A Coruña, renunciando expresamente a calquera outro foro que lles puidese corresponder.




