25 de Maio de 2025

Concertos do Xacobeo

AGEM produce a presentación dos Concertos de Xacobeo 2025. A presentación terá lugar en Madrid o 22 de Maio de 2025

Obxectivos do evento

  • Difundir a programación dos Concertos do Xacobeo no ámbito estatal.
  • Posicionar Galicia como referente no panorama musical.
  • Promover o turismo cultural cara a Galicia.
  • Consolidar a marca Xacobeo a través de experiencias musicais en vivo na capital.

Desenvolvemeto do acto

  • Presentación Institucional – Casa de Galicia en Madrid
  • Hora: 12:00 h
  • Formato: Acto institucional con autoridades, medios de comunicación e representantes do sector cultural.
  • Contido: Intervencións institucionais, presentación do Xacobeo, proxección audiovisual, degustación de produtos galegos.

Concerto – Teatro Eslava

  • Hora: 20:30 h
  • Formato: Concerto especial con tres propostas destacadas da escena musical galega contemporánea:
  • Xoel López, un dos artistas máis recoñecidos a nivel estatal, cunha traxectoria que conecta o indie, o pop e a canción de autor.
  • Carlos Ares, compositor, produtor e cantante dunha nova xeración que leva a música galega a novos territorios sonoros.
  • Señora DJ, unha das voces femininas máis representativas das cabinas e festas culturais de Galicia, que puxo peche festivo á noite.