Asinado o convenio entre a Xunta e Agem, Asociación Galega Empresas Musicais que impulsará a elaboración do primeiro Plan Estratéxico da Industria Musical de Galicia.
Os traballos, xa en marcha, desenvolveranse en tres fases ata xullo de 2025:
- Análise e diagnose.
- Segmentación e posicionamento, obxectivos e liñas estratéxicas.
- Implementación, avaliación e control.




