19 de Decembro de 2025

V Xornada Profesional de Promoción Escénica e Musical de Galicia

Ames acolle a V Xornada Profesional de Promoción Escénica e Musical de Galicia.

A V Xornada Profesional de Promoción Escénica e Musical de Galicia reuniu en Ames a profesionais das artes escénicas e da música en vivo nun encontro xa consolidado como referencia para o sector cultural galego. A xornada foi organizada pola Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM) xunto con Escena Galega, na súa cuarta edición conxunta, e contou coa colaboración da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC).

Celebrada na Casa da Cultura do Milladoiro, a cita congregou a programadores, responsables de espazos culturais, festivais, distribuidores e axentes do sector, favorecendo o intercambio profesional e a creación de novas oportunidades de colaboración.

Ao longo da xornada presentáronse propostas artísticas en formato showcase de compañías e proxectos musicais galegos, complementadas con encontros profesionais (speedmeetings) orientados a impulsar a contratación e a circulación de espectáculos.

A V Xornada Profesional de Promoción Escénica e Musical de Galicia reafírmase así como un espazo estratéxico para a promoción da creación galega, o fortalecemento do tecido profesional e a dinamización dos circuítos culturais.

Coa colaboración de: