21 de Outubro de 2025

Xa temos aos nomeados para a primeira edición dos Premios da Industria Musical de Galicia

Estamos encantados de anunciar as persoas, proxectos e iniciativas nomeadas na primeira edición dos Premios da Industria Musical de Galicia. Estes galardóns nacen co obxectivo de recoñecer o talento, a creatividade e o compromiso coa sustentabilidade dentro do sector musical galego.

Un xurado profesional, composto por Anxela Baltar, Cecilia Carballido, María Baqueiro, Noel Miguélez, Tito Lesende, Javier Becerra e a Fundación Paideia, seleccionou un total de 42 proxectos finalistas, tres por cada unha das 14 categorías xerais. Ademais, desde a Xunta Directiva de AGEM escolleremos as persoas gañadoras nas categorías de Artista do Ano e Persoa do Ano, mentres que o público poderá participar mediante votación popular para elixir o Premio á Excelencia na Experiencia do Público.

/A gala de entrega celebrarase o xoves 27 de novembro na Sala Capitol de Santiago de Compostela, nun encontro sectorial no que se darán a coñecer os nomes das persoas e proxectos gañadores.

Estas son as nominacións por categorías:

Laura Iturralde e José Faro “Coti”, de Nononon.lab, por Síntese horizonte, de Guadi Galego

Teresa Tresandí, por DILUVIO, de Tanxugueiras

José Faro e As Dúas e Punto, de Nononon.lab, por A RONDA, de Mondra

Iago Blanco, por La máquina del buen rollo, de The Rapants

Rubén Montes, por La boca del lobo, de Carlos Ares

Sara Martínez, por Uxía Lambona e a Banda Molona

Escena Sonora

Luxevan

Vacaline

Paco Iglesias

Victoria Blanco

Xabi Carnota

Aitana Cuétara

Kin Martínez

Manuel Tarrío

Iago Picó, por Pouland Studios

Juan de Dios, por Feira, de De Ninghures

Hevi, no Laboratorio Soyuz, por DE RONDA, de Mondra

Mondra e Daniel Rodríguez, por A RONDA

Marina Oural e Ugia Pedreira, da Oficina Galega de Outros Asuntos do Movemento, por Síntese horizonte, de Guadi Galego

Tanxugueiras, por DILUVIO

David Pedrouzo, de Todo Medre

Iván Arias, de WORK ON SUNDAY

Julio Gómez e Luis Campos, de Sinsalaudio

Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Rafael Dieste da Coruña, por Aquí tamén se fala

The Office Comunicación, polo Atlantic Pride

Bring the Noise, polo Resurrection Fest Estrella Galicia

Zeltia Iglesias, Sofía Taboada, Daniel Rodríguez, Adriana Lado e María Ferradas, por DE RONDA, de Mondra

Adrián Canoura, Carlota Pereiro e Alejandro Guillán, por Barullo, de Baiuca

Lara Caeiro, Sandra Montero, Noemí Solla, Kika V Ramil, Arantxa Brandón e Fillas de Cassandra, por Hibernarse, de Fillas de Cassandra

Lorenzo Negueruela, Melania Freire e Lara Caeiro, por En fin, que máis dá, de De Ninghures

Santi Iglesias, Sergio “Steel” e Fillas de Cassandra, por Hibernarse, de Fillas de Cassandra

Xaime Miranda, por Ontes fun moi malo, de Grande Amore

Noites do Porto

Surfing the Lérez

WOS Festival x SON Estrella Galicia

Sala Capitol

Náutico de San Vicente

Café Torgal

Festival Agrocuir da Ulloa

Festival de la Luz

Festival Sinsal SON Estrella Galicia

Estes premios, impulsados pola Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM) co apoio da Xunta de Galicia —a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic)— e da Deputación da Coruña, forman parte do Plan Estratéxico da Industria Musical de Galicia. Con eles queremos poñer en valor o traballo de quen fai posible que a nosa música siga medrando, innovando e inspirando.

Como sinala a nosa presidenta, Patricia Hermida, “a música galega vive un momento de madurez e diversidade extraordinarias. Estes premios nacen para celebralo e recoñecer o valor das persoas e proxectos que fan da nosa industria un verdadeiro motor cultural e humano para Galicia”.

En definitiva, esta primeira edición dos Premios da Industria Musical de Galicia é unha celebración colectiva. Unha oportunidade para visibilizar o talento galego e fortalecer a nosa industria musical, un sector que non só crea cultura, senón tamén comunidade, identidade e futuro.

Coa colaboración de: