Convocadas as subvencións ás actividades de distribución para industrias culturais
(código de procedemento CT402C)
Data de publicación: 27 de maio de 2020
Prazo de presentación: Do 28 de maio ao 29 de xuño de 2020, ou ata o esgotamento da partida orzamentaria asignada.
As solicitudes de subvención examinaranse e serán outorgadas -sempre que cumpran os requisitos exixidos- por orde cronolóxica, tendo en conta a data de entrada no rexistro da Agadic. Ao se tratar dunha convocatoria aberta que dispón do crédito vixente en actos sucesivos de adxudicación, a Agadic publicará no DOG o esgotamento da partida orzamentaria, así como a inadmisión de ulteriores solicitudes destinadas a participar dos subtipos de subvención indicados. Desde o momento en que se esgote o crédito orzamentario, non serán outorgadas novas subvencións a estas modalidades, sen prexuízo do cumprimento do disposto no artigo 31.4 da Lei de subvencións de Galicia.
Presentación das solicitudes: Obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Convocatoria: DOG núm. 101, do mércores 27 de maio de 2020