A industria musical galega é un importante dinamizador cultural e un referente na creación de postos de traballo. Este sector viuse especialmente castigado pola crise do Covid, polo que é imprescindible dotalo dunha serie de accións que favorezan a súa reactivación tras esta situación excepcional e que se adapten á evolución da crise sanitaria. Neste senso, queremos promover una serie de accións formativas axeitadas á maior parte dos perfís profesionais co fin de promover a reciclaxe e a consecución de novos coñecementos, que permitan a reincorporación das persoas do sector, na mellor situación incluso no peor escenario.
Na primeira fase levaranse a cabo as seguintes accións:
Calendario formación "On-Line". :
- Xa dispoñible-19 de outubro :Intelixencia emocional e autocontrol en situacións de emerxencia. 30 horas. Esgotadas Prazas. Novas solicitudes entrarán en lista de agarda
- Xa dispoñible-31 de Outubro :Community manager. 100 horas. Esgotadas Prazas. Novas solicitudes entrarán en lista de agarda
- Xa dispoñible -31 outubro : Xestión Loxística 150 horas. Esgotadas Prazas. Novas solicitudes entrarán en lista de agarda
- 28 de setembro-31 de outubro: Inglés nivel: A1 / A2 / B1 / B2 / C1 / C2 60 horas Esgotadas Prazas. Novas solicitudes entrarán en lista de agarda
- 01 de outubro-25 de outubro :Control de accesos: Biometría 20 horas Esgotadas Prazas. Novas solicitudes entrarán en lista de agarda
- 01 de outubro-26 de outubro :AutoCAD 2012: debuxo en 2D. 40 horas
- 02 de outubro -27 de outubro :Cloud Computing. 30 horas.
- 05 de outubro-23 de outubro: Reglamento Europeo proteción de datos 10 horas
Formación para o sector musical. A formación é gratuíta. Non consome créditos de formación da empresa.
Formación válida aos efectos de cubrir as horas de formación obrigatoria de traballadores por conta allea do convenio colectivo.
A formación é válida para persoal autónomo e traballadores por conta allea incluíndose aos que se atopan en ERTE de empresas culturais. Os cursos para a súa realización requiren dun mínimo de prazas. Asimesmo o número de prazas é limitado
A inscripción realizarase por orden de presentación ate agotar as prazas Pode descargar a folla de inscrición na sección de documentación/Convocatorias. A mesma cuberta enviarase ao correo
Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla
Coa colaboración.