AGEM REÚNESE CO VICEPRESIDENTE EXECUTIVO DA FEGAMP MANUEL MIRÁS FRANQUEIRA CON MOTIVO DO ANTEPROXECTO DE LEI DE ESPECTÁCULOS PÚBLICOS E ACTIVIDADES RECREATIVAS DE GALICIA
Nesta reunión na que participaron por parte de AGEM o seu Presidente X. Blanco, o seu Secretario Xavier Alonso e a súa xerente Beatriz Fernández debateuse sobre os aspectos mais relevantes do anteproxecto de lei, así como das maiores dificultades na súa implantación, tanto para os Concellos promotores, produtores e comisión de Festas.
AGEM, volveu a deixar constancia da importancia da publicación de esta norma para o sector musical así coma do seu posterior desenvolvemento regulamentario
AGEM, mostrou a súa preocupación pola súa implantación efectiva unha vez aprobado e salientou a relevancia da formación de tódolos axentes implicados no proceso da organización dun evento público.