| Comunicado de AGEM o Alcalde de Vigo D.Abel Caballero.|
A Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM) quere manifestar a súa posición tras o anuncio feito polo alcalde de Vigo D. Abel Caballero o xoves 28 de xuño respecto da contratación "directa" do concerto de Joaquín Sabina e Joan Manuel Serrat para o vindeiro 16 de agosto no Instituto Feiral de Vigo:
As empresas galegas adicadas á promoción e produción musical, levamos tempo manifestando a nosa preocupación pola falta de apoio á actividade cultural desde a institución municipal. Como exemplos desa falta de apoio, o recorte das programacións, a paralización do departamento de Cultura e a contratación de eventos, como é o caso do concerto de Joaquín Sabina e Joan Manuel Serrat, sen contar co sector musical en Galicia. Ademáis da falta de apoio, as declaracións do alcalde Caballero sinalando que a contratación directa do concerto mencionado permite evitar "sobrecostes" e "intermediarios” supón un total descoñecemento da industria cultural e una unha falta de respeto para o sector das empresas musicais en Galicia.