Novas

Las últimas noticias del equipo de Joomla!

O libro, a música, as novas tecnoloxías, o teatro e o audiovisual galego estarán presentes na Feira do Libro e do Disco de Durango

As industrias culturais galegas compartirán espazo coas vascas na Feira do Libro e do Disco Vasco que se celebrará do 4 ao 8 de decembro nesta localide Durango, AGEM tamén asistirá como invitada a Feira.

Culturgal é unha ferramenta vertebradora, que contribúe a xerar ideas, a buscar sinerxías e a transformar en oportunidades de futuro as dificultades do presente. Con esta filosofía, o Culturgal viaxa á Durango Azoka, Feira do Libro e do Disco, respondendo o convite de Gerediaga cunha mostra multisectorial da cultura galega actual. Para facelo, conta co apoio económico ofrecido pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC).

Para mais información:www.culturgal.com

 

Nova Feira das Industrias Culturais, Culturgal 2011.

 

 

Onte Xoves 3 de Marzo presentouse a Feira Culturgal 2011, que será celebrada de novo en Pontevedra no derradeiro trimestre do presente 2011.Tamen se presentou a memoria da Feira Culturgal 2010; na que relaciona a 67 empresas, un total de 105 actividades e 14000 visitantes.

A Feira Culturgal 2011, contará ao igual que no ano 2010 coa colaboración da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC).

 

 

Mision comercial a Minas Gerais

 

Agadic, por medio de Galiciantunes prepara unha misión comercial a Minas Gerais, que terá lugar do 8 ao 12 de Decembro datas de celebración da Feira Música Brasil. Os nosos parceiros mineiros garanten un trato especial e contactos cos sectores culturais industriais no marco da Feira Música Brasil. Agardamos a proposta sexa do voso interese.

 

Más información na zona socios.

 



Próximos eventos
No hay eventos próximos.
Ver calendario completo
Marzo 2024 Abril 2024 Mayo 2024
Lu Ma Mi Ju Vi Do
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30
Newsletter